Como encontrar os mellores fondos de investimento

Dámosche algúns consellos para encontrar o fondo de investimento que máis che convén

Antes de investir nun fondo de investimento debes ter moi claro cal é o teu perfil de investimento de cara a atopar o fondo que mellor se adapte a ti.

Os fondos de investimento son un dos produtos financeiros máis utilizados polos investidores que buscan sacar rendibilidade aos seus aforros. Un dos principais motivos é a gran variedade de fondos existentes. Pero como saber que fondo é o máis adecuado para o teu perfil? Como escoller o fondo que máis che convén?

A clave é o teu perfil de investidor

Os fondos de investimento son instrumentos de investimento que aglutinan as achegas de diversos investidores, que son xestionadas por profesionais e investidas de forma conxunta nos activos que veñen definidos no folleto informativo do fondo. Todo iso para obter a máxima rendibilidade posible.

Polo tanto, risco, tempo e rendibilidade son as tres principais claves que se deben manexar, sempre tendo en conta unha máxima: a busca dunha maior rendibilidade vai sempre asociada á necesidade de asumir un risco maior.

Báner superior calcula rendibilidade Báner superior calcula rendibilidade
Saca partido ao teu diñeiro
Elixe o fondo de investimento que mellor se adapte ás túas necesidades.

O risco nos fondos de investimento

Todo investimento leva asociado un risco; no caso dos fondos de investimento, mídese nunha escala de 1 a 7, determinada pola propia Comisión Nacional do Mercado de Valores. Así, un fondo que ten risco 1 representa a opción máis segura do mercado –aínda que o risco sempre continúa a existir–, mentres que un fondo de risco 7 ten asociado o risco máis elevado.

O prazo do investimento

Á hora de nos decidir por un fondo ou outro, debemos ter sempre en conta o risco que estamos dispostos a asumir, ademais do horizonte temporal do investimento. Estas dous variables, risco e horizonte temporal, están estreitamente ligadas. Canto maior é o horizonte temporal, maior é o risco asociado ao investimento. Canto máis risco teña unha carteira de investimento, maior será a rendibilidade esperada. É dicir, para horizontes temporais longos pódense construír carteiras con máis risco, que resulten nunha rendibilidade esperada maior. No caso de que o horizonte temporal sexa curto, deberanse construír carteiras de investimento máis conservadoras; é dicir, con menos risco e, polo tanto, menor rendibilidade esperada.

Debemos ter claro o período de tempo que podemos manter o noso investimento, sobre todo se o fondo de investimento ten un nivel alto de risco.

Báner central Báner central
Buscador de fondos
Coñece o catálogo de fondos de investimento do BBVA.

As comisións nos fondos de investimento

O investimento en fondos leva asociadas unhas comisións, as cales poden resultar ser moi distintas dependendo da entidade xestora ou do propio fondo.

Estas son as principais comisións dos fondos de investimento:

  • Comisión de xestión e depósito: son as comisións que cobran a xestora e o depositario, respectivamente. Trátase de comisións implícitas, é dicir, dedúcense do valor liquidativo do fondo, cargadas directamente ao fondo de investimento.
  • Comisións de subscrición e reembolso: poden ser a favor da xestora ou do fondo de investimento. Trátase de comisións explícitas, cargadas directamente ao partícipe no momento en que este subscribe ou reembolsa participacións.

Do mesmo modo que en todo produto financeiro, as comisións poden representar un gasto importante á hora de comprar participacións dun fondo de investimento. A Comisión Nacional do Mercado de Valores aconsella ao investidor consultar o folleto informativo do fondo antes de tomar calquera decisión de investimento.

Antes de contratar un produto destas características, é importante acudir a un asesor profesional con capacidade para ofrecerche unha solución á túa medida, en función do teu perfil e os teus obxectivos particulares de investimento.

CTA subhome fondos CTA subhome fondos
Báner Asset Management Báner Asset Management
Coa colaboración de BBVA Asset Management:
Fondos de investimento - Tamén che podería interesar Fondos de investimento - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Coñece as características, tipoloxía e descrición daquilo que coñecemos como activos financeiros.
  • Explicámosche como funcionan os fondos de investimento e todo o que necesitas saber para investir o teu diñeiro.
  • Dúas das características do investimento en renda fixa son o risco reducido e a rendibilidade coñecida de antemán.
Fondos de investimento - Ferramentas Fondos de investimento - Ferramentas

Ferramentas de fondos de investimento

  • O simulador de fondos de investimento do BBVA axúdache a coñecer a rendibilidade que poderás conseguir cos teus aforros.
  • Non sabes que fondo de investimento se adapta mellor ás túas necesidades? O noso comparador axudarache a elixir a mellor opción.
  • Encontra o mellor fondo de investimento onde investir os teus aforros e comeza a rendibilizar o teu diñeiro.
  • Calcula a rendibilidade dun investimento dun modo rápido e sinxelo coa calculadora que pomos ao teu alcance.