Ir ao contido principal
Inicio de BBVA para empresas
  • Persoas
  • Autónomos e empresas
  • Acceso Acceso Acceso
    Acceso Acceso Acceso
  • Faite cliente
  • Menú
    Pechar
Premer enter
Suxestións
    Produtos
    Inicio
    • Contas
    • Xestión de tesouraría
    • Financiamento
    • TPV
    • Xestión de cobramentos
    • Tarxetas
    • Seguros
    • Avais
    • Comercio exterior
    • Renting
    • Sector público
    • Agro
    • Hostalaría
    • Plans de pensións
    Oficinas e caixeiros

    Newsroom BBVA

    Persoas Autónomos e empresas
    • Inicio
    • Contas
    • Xestión de tesouraría
    • Financiamento
    • TPV
    • Xestión de cobramentos
    • Tarxetas
    • Seguros
    • Avais
    • Comercio exterior
    • Renting
    • Sector público
    • Agro
    • Hostalaría
    • Plans de pensións
    Premer enter
    Suxestións

      Experiencias

      • Servizo de agregación

        Se es autónomo, xa podes engadir os teus outros bancos á app do BBVA.

      • BBVA My Business

        Controla o día a día dos teus negocios, comodamente e desde o móbil.

      • BBVA Agregador de empresas

        Todos os bancos da túa empresa nun mesmo sitio co servizo de agregación.

      Contas Bienvenida para autónomos e empresas

      Novo banco, cero comisións en servizos habituais. Se es autónomo, peme ou empresa, estrear banco ten moitas vantaxes.
      Máis información
      Oficinas e caixeiros
      Newsroom BBVA
      Faite cliente
      PUBLICIDADE
      DD/MM/AAAA

      Límite de Crédito Click&Pay

      Financia os pagamentos e cobramentos máis habituais do teu negocio

      Sexas autónomo ou peme poderás solicitar un límite de crédito Click&Pay para financiar o pagamento de impostos, as nóminas dos teus empregados, os seus seguros sociais ou os pagamentos a provedores.
      • En liña e sen presentar documentación.
      • Só pagas polo diñeiro que vas utilizando.
      • Sen comisión por activación nin por cancelación anticipada.
      Solicitar

      Agora, faite cliente e benefíciate de condicións especiais

      Terás todas as vantaxes do Límite de Crédito Click&Pay e, ademais, condicións de financiamento únicas. Para iso só tes que facerte cliente cunha Conta Bienvenida sen comisións, por Internet e en poucos minutos.

      Só para novos clientes autónomos e empresas con facturación inferior a 5 millóns de euros.

      Faite do BBVA

      Selecciona se o teu Límite de crédito Click&Pay sería para:

      • Primeiro, activas un límite de crédito anual

        Solicitar este límite non ten custo e podes activalo en liña a través da web ou da app BBVA. Cando se aprobe a túa solicitude, estará na túa conta e poderás solicitar disposicións sobre o teu límite para realizar os teus pagamentos de impostos, nóminas ou provedores.

        • Poderás solicitar un límite desde 2.000 € ata 25.000 €.
        • Estará dispoñible durante un ano.
        • Só pagarás polo diñeiro que vaias dispondo na túa conta.

        e despois realizas as disposicións que necesites

        • Para afrontares os pagamentos que teña o teu negocio como impostos ou nóminas.
        • Cada solicitude de disposición non pode ser inferior a 600 € nin superior ao teu límite.
        • Cando se aprobe cada solicitude, terás dispoñible o diñeiro na túa conta.
        Solicitar

        Dámosche un exemplo de como financiar os pagamentos e cobramentos do teu negocio

        Paloma contratou un límite de crédito anual de 15.000 € para a súa axencia de viaxes.

        Para poder financiar o pagamento dos seus impostos, solicita unha disposición de 2.400 € cun prazo máximo de devolución de 6 meses.

        Por exemplo, se Paloma quixese devolvelo en 3 meses, pagaría 800 €/mes (800 € x 3 meses = 2.400 €).

        A comisión de apertura que só pagará cando realice a disposición será de 34,80 € (1,45% x 2.400 €) TAE 9,17%.

        Cando devolva os 2.400 € que solicitou, o seu límite volverá ser de 15.000 €.

      • Primeiro, activas un límite de crédito anual

        Solicitar este límite non ten custo e podes activalo en liña a través da web ou da app BBVA. Cando se aprobe a túa solicitude, estará na túa conta e poderás solicitar disposicións sobre o teu límite para realizar os teus pagamentos de impostos, nóminas ou provedores.

        • Poderás solicitar un límite desde 2.000 € ata 50.000 €.
        • Estará dispoñible durante un ano.
        • Só pagarás polo diñeiro que vaias dispondo na túa conta.

        e despois realizas as disposicións que necesites

        • Para afrontares os pagamentos que teña o teu negocio como impostos ou nóminas.
        • Cada solicitude de disposición non pode ser inferior a 600 € nin superior ao teu límite.
        • Cando se aprobe cada solicitude, terás dispoñible o diñeiro na túa conta.
        Solicitar

        Dámosche un exemplo de como financiar os pagamentos e cobramentos do teu negocio

        Álvaro contratou un límite de crédito anual de 25.000 € para a súa empresa de alimentación.

        Para poder financiar o pagamento dos seus impostos, solicita unha disposición de 12.000 € cun prazo de devolución de 6 meses, polo que a súa cota mensual será de 2.000 €.

        A comisión de apertura, que só pagará cando realice a disposición, será de 300 € (2,50%).

        Cando devolva os 12.000 € que solicitou, o seu límite volverá ser de 25.000 €.

      Solicita o Límite de Crédito Click&Pay en liña

      Podes solicitar o teu límite e todas as disposicións que necesites a través da app de BBVA Empresas ou en bbva.es

      Solicitar

      Algunhas dúbidas que che poden xurdir

      Comisión de apertura sobre a base do importe de cada disposición: é unha porcentaxe sobre o importe de cada disposición aprobada, cun mínimo de 30 €. Varía segundo o prazo de disposición. Canto máis curto é o prazo, menor é a comisión.
      • 1 mes: 0,70%.
      • 2 meses: 1,10 %.
      • 3 meses: 1,45 %.
      • 4 meses: 1,80 %.
      • 5 meses: 2,15 %.
      • 6 meses: 2,50%.

      Esta comisión cobrarase no mesmo momento en que che aboemos o importe da disposición.

      Sen comisión de estudo, nin de mantemento, nas contratacións en liña. Nas contratacións por oficina estas comisións serán negociables. O límite só se pode renovar nas contratacións vía oficina e a comisión de renovación será negociable.

      Sen pagamento de xuros. A TAE dependerá da comisión de apertura aplicada en cada disposición e do prazo de devolución elixido.

      A comisión de apertura por disposición cárgase na conta que teñas asociada, no mesmo día do aboamento desta, pero non se resta da disposición. Por exemplo, se solicitas unha disposición de 800 € e o BBVA a aproba, recibes 800 €.

      Podes financiar ata 5 destinos, ou 5 tipos de pagamentos profesionais con finalidades diferentes. Cando realices cada disposición, terás un prazo máximo para devolver o importe segundo o tipo de pagamento, mediante cotas automáticas que se cargarán cada mes na conta que teñas asociada, aínda que sempre o poderás devolver en menos tempo se che vén mellor.

      Impostos: Imposto de sociedades e IRPF, ata 6 meses de prazo.

      IVE ou IXIC: ata 3 meses de prazo.

      Pedidos a provedores internacionais (importacións): ata 4 meses de prazo.

      Pedidos de provedores nacionais: ata 3 meses de prazo.

      Seguros sociais: 1 mes de prazo.

      Nóminas: 1 mes de prazo.

      Debes levar polo menos 6 meses sendo cliente do BBVA e ter unha conta onde se ingresarán as disposicións e se cargarán as cotas cada mes.

      Non, co Límite de Crédito Click&Pay só podes financiar impostos (IVE, IRPF, imposto de sociedades e IXIC), pedidos a provedores nacionais e internacionais, nóminas e seguros sociais.

       

      Ao solicitar cada disposición de diñeiro, debes escoller o pagamento profesional que vas financiar. Non é preciso presentar xustificantes de pagamento para comprobar o destino das disposicións, pero na conta asociada deberán aparecer os pagamentos ou as transferencias correspondentes.

       

      As cotas mensuais comezan a cargarse na conta ao mes seguinte de realizar a disposición.

      Por exemplo, imaxina que o 15 de xuño realizas unha disposición de 2.400 € para un pagamento de impostos, para un provedor nacional e elixes devolvela en 3 meses. Os días 15 de xullo, 15 de agosto e 15 de setembro cargaríaseche na conta unha cota de 800 €.

      O límite de crédito que escolles na contratación é anual e durante eses 12 meses non o podes cambiar. De todas as formas, como o límite non afecta ao prezo, podes escoller un importe superior ao que necesitas sempre que estea dentro do teu límite preautorizado. Non asumirás por iso custos superiores e, porén, terás máis dispoñibilidade.

      Si, é posible que o BBVA non che conceda o límite de crédito. E tamén pode acontecer que, unha vez autorizado o límite, che denegue algunha das solicitudes de disposición.

      Cada vez que solicites unha disposición, o banco estudará se é viable a túa proposta.

      Límite de crédito Click&Pay
      Solicitar
      Oferta válida durante o mes en curso
      1. Financiamento
      2. Crédito Click&Pay: pagamento impostos, nóminas e provedores
      Pé de páxina
      • Máis BBVA

        • Agro
        • Franquías
        • Hostalaría
        • BBVA Spark
        • Emprendemento
        • Expertos en empresas
        • BBVA Consumer Finance
        • Accionistas
        • BBVA Research
        • Emprego no BBVA
        • Rede de axentes BBVA
        • bbva.com
        • BBVA Pivot
        • Divisas e moedas
        • Negocio responsable
        • BBVA Asset Management
      • O último

        • Axudas afectados DINA
        • Sostibilidade
        • BBVA Agregador de empresas
        • Agregador financeiro para autónomos
        • BBVA My business
        • Préstamo Online Negocios
        • Conta Negocios
        • Conta de Crédito Online
        • Tarxeta Negocios Crédito
        • Seguros para empresas
        • Ciberseguridade
        • API para empresas
      • Calculadoras e simuladores

        • Simulador de préstamos
        • Simulador de préstamo coche
        • Simulador de hipoteca
        • Simulador de préstamo para comunidade de propietarios
        • Simulador de obras para comunidade de propietarios
        • Calculadora de IBAN
        • Calculadora de soldo
        • Calculadora de gasto en gasolina
        • BBVA Valora
        • BBVA Invest
        • Simulador de impacto ambiental para empresas
      • Utilidades

        Oficinas e caixeiros

        Banca en liña para empresas

        Blog - Finanzas de un vistazo

        Podcast

        Dicionario económico

        Apps

      Logo BBVA
      Aviso legal
      Cookies
      Datos persoais
      Informes legais
      Servizos de pagamento
      Tarifas
      Taboleiro de anuncios
      Servizo de atención ao cliente
      • Español
      • Català
      • English
      • Galego
      • Euskara

      Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. 2025