É un servizo personalizado e exclusivo da Banca de Empresas para clientes con facturación anual superior a 5 M €.
Un experto na túa empresa sempre á túa disposición para axudarche a definir unha boa estratexia financeira e a encontrar solucións adecuadas coa axuda do equipo.
Especialista en identificar a mellor solución de financiamento de circulante, optimizar fluxos de tesouraría, adaptar fórmulas de pagamento a provedores e analizar solucións para comercios que te poidan axudar a vender máis. Ademais, guiarate en todo o referente á nosa banca en liña.
Especialista en comercio exterior que te axudará no teu proceso de internacionalización. Desde escoller o medio de pagamento ou cobramento, achegarche e coordinar solucións de financiamento global, ata axudarche a contar cun director de relación para as túas xestións diarias nos países onde operamos coa Banca de Empresas.
Un especialista que analizará as alternativas de financiamento máis interesantes para os teus investimentos en equipos e instalacións sostibles. Ofrecerache a súa experiencia en todo o referente a sostibilidade no mundo empresarial.
Traballará contigo para estruturar a mellor alternativa de débeda e capital para as necesidades estratéxicas da túa empresa. Coñece en profundidade os mercados de préstamos sindicados, bonos, Project Finance, fusións, adquisicións e saídas á bolsa.
Un experto en produtos que che permitirán limitar e xestionar os distintos riscos financeiros aos que poida estar exposta a túa empresa por movementos nos tipos de xuro e nos tipos de cambio das divisas.