Xa non terás que administrar varios produtos de financiamento. Xestionarás un só límite de financiamento que podes utilizar para as necesidades máis habituais da empresa.
Poderás dispor do límite na túa banca en liña ou, se o prefires, na túa oficina BBVA. Só terás que escoller o destino do financiamento, o importe e a data de vencemento.
Se tes un límite de 500.000 € e utilizas 120.000 € para financiar pagamentos e anticipar cobramentos, só pagas por eses 120.000 €. Os únicos custos adicionais serían os derivados da contratación.
Canto pagarías por eses 120.000 €? Depende das condicións financeiras que pactases coa túa oficina. Ao contratares o límite, negocias co teu xestor as condicións financeiras. Cando o límite de financiamento está activado, tes autonomía total para dispor na túa banca en liña, aínda que sempre estaremos aí para atenderte se o necesitas.
Xusto logo de realizares unha disposición online, verás o importe na túa conta. Para simplificar a xestión, definimos as finalidades ás que podes destinar o financiamento. Son as máis habituais:
1. Así é a contratación:
2. E así se utiliza dixitalmente: