Ciberseguridade

Protéxete das fraudes cos nosos consellos de seguridade

Coñecer e evitar a fraude dixital é doado se contas con boa información. Por iso queremos axudarche con algúns consellos moi sinxelos.

Blinda a túa información bancaria

  • O BBVA non inclúe ligazóns nin números de teléfono nas mensaxes SMS. Se recibes unha así, é falsa. Elimínalo. Lembra que as mensaxes oficiais do BBVA agora aparecen nun fío que contén o nome e o logotipo do banco.
  • O BBVA nunca che pedirá realizares ou cancelares operacións nin ires a un caixeiro para efectuares transferencias. 
  • Opera sempre no contorno seguro do BBVA: na app ou tecleando o enderezo web no navegador. Non accedas á banca en liña desde ligazóns incluídas en comunicacións.
  • Activa a biometría na app para acceder e asinar operacións. A biometría utiliza as túas características físicas únicas para identificarte e ofrecerche a máxima seguridade nas túas operacións en liña.

Ciberseguridade nun minuto

Mira estes vídeos curtos onde se explican algúns tipos de fraude.

Tipos de fraude que poden afectarche

Tipos de fraude que poden afectarche

  • Phishing 2:24
  • Smishing  1:32
  • Suplantación de identidade 1:19

Como identificar SMS que non son do BBVA

Explicámosche como te podes protexer das SMS fraudulentas con algúns consellos sinxelos.

Infórmate sobre o último en ciberseguridade.

E se tes unha empresa…