TPV e datáfonos para empresas e negocios

Ilustración dunha man cunha folla

Contrata teu Bono TPV antes do 31 de decembro e obterás o teu TPV sen custo durante o primeiro ano

Para cobrar na túa tenda en liña, para obter o teu TPV no móbil, para aceptar pagamentos en calquera divisa… ou o que necesites. Consulta as condicións.

Hai un modelo de TPV ou datáfono para cada tipo de empresa ou negocio

A solución para o teu comercio electrónico

Integra no teu web unha pasarela de pagamento cómoda, segura e fiable co noso TPV Virtual.

Máis información

Un servizo creado para acompañarte día a día

Sempre ao teu lado para impulsar o teu negocio

  • Mantemento en menos de 48 horas incluído.
  • Actualizacións automáticas do TPV.
  • Atención especializada 24 horas.

Tecnoloxía útil para mellorar o servizo que ofreces aos teus clientes

  • Permite fraccionar o pagamento aos teus clientes sen que afecte ao cobramento.
  • Facilita os pagamentos aos teus clientes estranxeiros aceptando divisas e permitíndolles recuperar o IVE.

Necesitas máis información sobre os TPV para empresas?

Un TPV (ou terminal punto de venda) ou datáfono é o dispositivo físico, aplicación ou pasarela de pagamento virtual que permite a empresas e comercios realizar cobramentos con tarxeta, con ou sen a presenza do comprador, coa maioría das tarxetas do mercado (Visa, MasterCard, Diners, Discover, American Express, UPI, JCB) e, tamén, con Bizum ou outros métodos de pagamento (como por exemplo Alipay ou WeChat). Existen varios tipos de máquinas de TPV (Android, fixo etc.) e TPV con software (como, por exemplo, o virtual), adaptados ás necesidades de cada negocio e/ou sector profesional (hostalaría e restauración, turismo e hoteis, comercios etc), entre os que elixir.

Dispón de liquidez con Préstamo TPV Online a partir do 3.º mes de uso do teu TPV

* O Préstamo TPV Online estará suxeito á concesión do BBVA.