BBVA API_Market
As API do BBVA son as ferramentas que poden axudar a impulsar a túa empresa, optimizar os teus procesos e mellorar a experiencia dos teus clientes e provedores:
O noso equipo especializado vaite acompañar no proceso para aproveitar as posibilidades das API.
API Reconciliation
API Merchants management
API SEPA Request to Pay
Xestiona as túas solicitudes de pagamento desde as túas ferramentas habituais.
Axiliza os teus cobramentos, mantén a trazabilidade completa e ofrece aos teus clientes unha experiencia de pagamento sinxela e cómoda.
API Verificación de titularidade de conta
API Business Payments
API FX
API Confirming Remittances
Automatiza os teus pagamentos por confirming e integra o servizo na túa web/app.
E ofrece o anticipo aos teus provedores.
Todos os procesos están integrados na túa solución de maneira transparente e non é necesario abandonala para realizar ningunha transacción.
Cando o necesitas, en calquera momento, sen esperas e con todas as garantías de seguridade.
Ofrece unha mellor experiencia de usuario na túa web ou app, e xera novos modelos de negocio.
Open Banking permite posicionar os servizos financeiros nos ecosistemas onde os nosos clientes pasan o seu día a día, respondendo ás súas necesidades de negocio cando e onde lles xorde a necesidade. Open Banking é un facilitador.
Que valor achegan as nosas solucións de Open Banking?
As solucións de Open Banking teñen como finalidade que os clientes poidan incorporar toda a funcionalidade e servizos bancarios do BBVA no seu propio contorno. Unha revolución no seu negocio que abre as portas a novos produtos e a unha experiencia de usuario única para os teus clientes. As API de xestión de tesourería proporcionan unha nova canle de comunicación co BBVA máis eficiente e integrable nos procesos internos da empresa. Estas solucións permiten ás empresas automatizar os procesos de conciliación bancaria e operar en tempo real directamente desde os seus sistemas de contabilidade e xestión empresarial.