Cal é o mellor banco para aforrar?

Descubre as características máis importantes que debe ter un banco se buscas aforrar diñeiro.
Aforrar diñeiro é algo que moitas persoas procuran activamente. No entanto, á hora de escoller unha forma de aforro, o habitual é encontrarse con múltiples produtos e bancos con diferentes condicións e ofertas. En consecuencia, intentar encontrar a fórmula perfecta que defina cal é o mellor banco para aforrar pódese converter nunha tarefa complicada. Ademais, cada persoa ten as súas propias metas de aforro e as súas propias particularidades, que a poden influír en gran medida á hora de decidir escoller un produto ou outro. Neste artigo explicámosche os aspectos máis importantes que debes ter en conta á hora de escoller o mellor banco para aforrar e como encontrar o produto adecuado para ti.
Báner superior calcula rendibilidade Báner superior calcula rendibilidade
Saca partido ao teu diñeiro
Elixe o fondo de investimento que mellor se adapte ás túas necesidades.

A rendibilidade dos produtos de aforro

A rendibilidade dun produto financeiro é a relación entre o investimento realizado e o beneficio obtido a partir deste. Exprésase xeralmente en termos porcentuais. Por exemplo, un investimento que nos devolve 110 cando achegamos 100, ofrecerá unha rendibilidade do 10%. No caso dos produtos de aforro, como as contas de aforro ou os depósitos a prazo fixo, a rendibilidade equivale ao xuro que recibe o cliente que presta o seu diñeiro ao banco mediante estes produtos.

Á hora de seleccionar un banco para abrir unha conta de aforro ou un depósito a prazo fixo, é fácil decatarse de que os xuros que ofrecen varían entre un e outro. Os xuros destes produtos están moi directamente ligados ao prezo oficial do diñeiro, é dicir, á política monetaria do Banco Central (o BCE na Eurozona), pero tamén ás circunstancias de mercado e ás necesidades de financiamento das entidades.

Normalmente, o tipo de xuro destes produtos é fixo e coñecido de antemán. No entanto, tamén existen depósitos estruturados, con tipos de xuro variables vinculados á evolución de determinados activos. Tamén existe a modalidade de remunerar unha parte a tipo fixo e outra a tipo variable.

Por suposto, se o teu obxectivo é aforrar, ten sentido que busques unha conta ou un depósito que ofreza unha maior rendibilidade, pero sempre valorando os riscos nos que podes incorrer.

O risco dos produtos de aforro

Como comentamos antes, o risco dos produtos de investimento é directamente proporcional á rendibilidade que ofrezan. Aínda que é verdade que as contas de aforro e os depósitos a prazo fixo son dous dos produtos máis seguros e de menor risco do mercado, existe unha pequena diferenza entre os produtos que ofrecen os distintos bancos.

En xeral, se un banco ten especial interese en captar recursos, buscará incentivalos ofrecendo un tipo de xuro maior. Que un banco ofreza produtos de aforro cunha rendibilidade moito maior que a rendibilidade media que ofrecen outros bancos, pode ser un sinal de falta de solvencia, o que en principio pode estar asociado a un maior risco para o investimento.

Porén, a principios da presente década aprobouse o Real decreto-lei 16/2011, de 14 de outubro, mediante o cal se creou o Fondo de Garantía de Depósitos, que ten por obxecto garantir os depósitos e outros instrumentos financeiros constituídos en entidades de crédito, como contas correntes, ata un valor de 100.000 € euros por titular e entidade. Isto quere dicir que, en caso de que unha entidade non puidese facer fronte aos seus compromisos, podes recuperar o teu investimento a través do FGD. Polo tanto, o risco do produto de aforro en función da solvencia do banco toma un papel de menor importancia na túa decisión á hora de aforrar.

As condicións dos produtos de aforro

Outros factores que debes ter en conta á hora de seleccionar un banco para aforrar son as condicións do contrato que ofreza cada banco. En función do banco no que contrates o produto de aforro, podes encontrar diferenzas con respecto a:

  • Prazo: no caso dos depósitos o prazo pode ser curto ou longo, o que afecta á dispoñibilidade do diñeiro aforrado. As contas de aforro, polo contrario, pódense cancelar en calquera momento.
  • Dispoñibilidade do diñeiro: como comentamos, nos depósitos non se pode acceder ao diñeiro aforrado ata que venza o prazo do contrato, aínda que en certos casos si é posible dispor do capital pagando unha penalización sobre os xuros que se van percibir. Esta penalización tamén varía en función do tipo de produto e do banco co que se contrata.
  • Investimento mínimo: algúns bancos tamén requiren un investimento mínimo para poder contratar o produto.
  • Comisións: certas entidades de crédito cobran comisións de apertura, de administración ou de mantemento.
Báner central Báner central
Buscador de fondos
Coñece o catálogo de fondos de investimento do BBVA.

Entón, cal é o mellor banco para aforrar?

Como che explicamos neste artigo, o mellor banco para aforrar é o que se adapte mellor ás túas circunstancias persoais e ao teu perfil de aforrador. Á hora de escolleres un banco e contratares un produto de aforro, é recomendable buscares unha combinación de rendibilidade, risco e condicións que se axuste ás túas necesidades.

No BBVA sabemos que existen persoas diferentes con circunstancias persoais distintas, e por iso buscamos ofrecer aos nosos clientes a maior variedade posible de opcións que lles permitan escoller con tranquilidade o produto de aforro que mellor se adapte a eles. Visita bbva.es ou vai a calquera das nosas sucursais para obter máis información sobre as nosas contas de aforro e depósitos a prazo fixo.

CTA subhome fondos CTA subhome fondos
Fondos de investimento - Tamén che podería interesar Fondos de investimento - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Coñece as características, tipoloxía e descrición daquilo que coñecemos como activos financeiros.
  • Explicámosche como funcionan os fondos de investimento e todo o que necesitas saber para investir o teu diñeiro.
  • Dúas das características do investimento en renda fixa son o risco reducido e a rendibilidade coñecida de antemán.
Fondos de investimento - Ferramentas Fondos de investimento - Ferramentas

Ferramentas de fondos de investimento

  • O simulador de fondos de investimento do BBVA axúdache a coñecer a rendibilidade que poderás conseguir cos teus aforros.
  • Non sabes que fondo de investimento se adapta mellor ás túas necesidades? O noso comparador axudarache a elixir a mellor opción.
  • Encontra o mellor fondo de investimento onde investir os teus aforros e comeza a rendibilizar o teu diñeiro.
  • Calcula a rendibilidade dun investimento dun modo rápido e sinxelo coa calculadora que pomos ao teu alcance.