Investimento con Big Data

Big Data: Como as novas tecnoloxías están creando novas formas de investir

Que é o “Big Data”?

Denomínase Big Data á xestión e análise de enormes cantidades de datos que non poden ser tratados coas técnicas habituais, xa que superan os límites “convencionais” de volume e capacidades. Ademais, estas novas técnicas permiten analizar datos de moi diversa natureza coma imaxes e formularios dixitais, arquivos de audio, imaxes de satélite, sinais de móbil, buscas en Internet, etc…
Báner superior xestoras internacionais Báner superior xestoras internacionais
Fondos doutras xestoras ao teu alcance
Consulta os fondos das mellores xestoras internacionais.
Onde situamos este concepto de “Big Data” no mundo dos fondos de investimento? 
As novas tecnoloxías están permitindo acceder a novos e diferentes datos de procedencia moi diversa, que complementan a análise tradicional dos investimentos. O seu obxectivo é axudar á toma de decisións, proporcionando novas perspectivas que enriquecen a devandita análise. 
Nos últimos anos asistimos, a nivel global, a un forte interese neste campo por parte do mundo do investimento, que incrementou substancialmente as súas capacidades tecnolóxicas e recursos dedicados a estas técnicas de big data. Todo iso, co obxectivo de descubrir e explotar ineficiencias de mercado, que axuden a obter rendibilidades máis atractivas e consistentes.
Que tipo de técnicas de Big Data se utilizan nos fondos de investimento? 
Algunhas das técnicas máis usuais son: procesamento da linguaxe natural mediante lectura computacional (o que se denomina “machine reading” –máquinas lendo-), recoñecemento de padróns (“machine learning” –máquinas aprendendo-) e medición da actividade de busca por Internet para predicir os cambios nos volumes de vendas, entre outras. 
Un exemplo destes novos sinais para a toma de decisións é a medición do sentimento investidor vía análise de texto. Hai uns anos este sinal medía o sentimento investidor cunha ratio entre palabras positivas e negativas. Estudos posteriores de “machine learning” probaron que é máis eficaz medilo en función de quen fala: o conselleiro delegado sempre é máis positivo, mentres que o director financeiro adoita ser menos positivo; e como fala, que tempos verbais emprega: falar en presente sempre é máis positivo que falar en futuro, que adoita ser negativo, ou como de vago é o seu discurso fronte a un discurso máis centrado en datos, que adoita ser positivo. Para ter en conta rapidamente estes matices, en miles de empresas con varias comunicacións ao ano necesítanse potentes ferramentas informáticas que analicen a información.
Báner central Quality Funds Báner central Quality Funds
Encontra fondos destacados por Quality Funds
Coñece os fondos de investimento internacionais e elixe a túa mellor opción.

Hai que ter en conta:

  • É unha área moi dinámica e experimental, caracterizada pola innovación, de maneira que hai un elevado número de cambios nos modelos e medidas aplicadas.
  • O maior risco dos fondos que se basean neste tipo de técnicas é o chamado “risco modelo”, o que se traduce en que o proceso investidor se fundamenta na incorporación de novos modelos baseados nestas novas técnicas de procesamento e explotación de datos. Porén, a súa eficacia e adecuación ás condicións de mercado poden variar significativamente en función do medio de mercado no que nos atopemos.
Fondos de investimento - Tamén che podería interesar Fondos de investimento - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Coñece as características, tipoloxía e descrición daquilo que coñecemos como activos financeiros.
  • Explicámosche como funcionan os fondos de investimento e todo o que necesitas saber para investir o teu diñeiro.
  • Dúas das características do investimento en renda fixa son o risco reducido e a rendibilidade coñecida de antemán.
Fondos de investimento - Ferramentas Fondos de investimento - Ferramentas

Ferramentas de fondos de investimento

  • O simulador de fondos de investimento do BBVA axúdache a coñecer a rendibilidade que poderás conseguir cos teus aforros.
  • Non sabes que fondo de investimento se adapta mellor ás túas necesidades? O noso comparador axudarache a elixir a mellor opción.
  • Encontra o mellor fondo de investimento onde investir os teus aforros e comeza a rendibilizar o teu diñeiro.
  • Calcula a rendibilidade dun investimento dun modo rápido e sinxelo coa calculadora que pomos ao teu alcance.