Investir diñeiro a prazo fixo, as grandes claves

Descubre as características dos depósitos a prazo fixo.
Por veces resulta difícil encontrar a mellor forma de rendibilizar os aforros. Aínda que existe unha gran variedade de produtos con este obxectivo, non todos ofrecen garantías suficientes como para adaptarse ás necesidades dos aforradores máis conservadores. Nestes casos, investir diñeiro a prazo fixo é unha boa opción, xa que os depósitos a prazo fixo garanten a devolución da cantidade investida canda unha serie de xuros. A continuación, explicámosche as grandes claves deste produto financeiro.
Báner superior calcula rendibilidade Báner superior calcula rendibilidade
Saca partido ao teu diñeiro
Elixe o fondo de investimento que mellor se adapte ás túas necesidades.

Que é un investimento a prazo fixo?

Os depósitos a prazo fixo ou imposicións a prazo fixo son un produto no que o aforrador cede unha cantidade determinada a unha entidade bancaria durante un prazo acordado. Unha vez transcorrido ese prazo, a entidade ten que devolver ao investidor a cantidade prestada canda unha serie de xuros previamente pactados. O contrato deste produto financeiro debe establecer a contía do depósito, o seu prazo e os seus intereses, polo que todos estes datos son coñecidos dende o primeiro momento. Tamén é posible percibir os xuros de forma periódica durante a vida do depósito, de forma mensual ou trimestral, por exemplo.

Dende a perspectiva do banco, este sistema funciona como un préstamo na que a entidade actúa como prestameiro. Polo tanto, ademais de ser unha oportunidade para que os clientes rendibilicen os seus aforros, trátase dun procedemento clave para o funcionamento da banca tradicional, xa que achega fondos ás entidades bancarias.

As claves dos depósitos a prazo fixo

Antes de contratar un produto financeiro, teñénse que coñecer as principais características do mesmo. No caso do investimento a prazo fixo, os aspectos claves a considerar son o prazo e capital a investir, a liquidez, a rendibilidade e a seguridade.

  • Prazo e capital a investir: o prazo ou data de vencemento indica o período de tempo no que o capital investido ten que permanecer no depósito . Normalmente é posible liquidar o depósito con anterioridade á data de vencemento, aínda que adoitan aplicarse penalizacións sobre o xuro que se abona. A cantidade mínima a investir varía dunha entidade a outra, mentres que o vencemento pode ser a curto (3–12 meses), medio (2–5 anos) ou longo prazo (10 anos ou máis).
  • Liquidez: os depósitos son produtos pensados para ser mantidos ata data de vencemento, malia que normalmente se pode dispoñer do diñeiro con antelación, aínda que a rendibilidade veríase minorada. Convén tratar de subscribir depósitos coa idea de esgotar o prazo, aínda que para moitos aforradores supón unha tranquilidade saber que poden dispoñer deste diñeiro en caso de emerxencia.
  • Rendibilidade: un dos principais atractivos dos depósitos a prazo fixo é que aseguran unha determinada rendibilidade establecida de antemán. Todos os depósitos indican os xuros para deivindicar, o cal permite comparar distintos depósitos e elixir o que ofreza maior rendemento. Para iso, existen dous conceptos importantes: o tipo de xuro nominal (TIN, por sus siglas en español) e a taxa anual equivalente (TAE). Aínda que o TIN indica a rendibilidade que ofrece a entidade polo depósito, o dato para comparar á hora de avaliar os distintos depósitos é a TAE, xa que esta indica a rendibilidade real unha vez restados os gastos e as comisións, ademais de homoxeneizar rendibilidades de produtos con diferentes vencementos. Polo xeral, canto maior sexa o prazo e o diñeiro investido, maior é tamén a rendibilidade do depósito. Non obstante, convén saber que a rendibilidade deste produto adoita ser bastante limitada e está moi ligada aos tipos oficiais do diñeiro. En contornas de tipos moi reducidos, como o actual, as rendibilidades son moi baixas ou nulas.
  • Seguridade: xa que a rendibilidade está preestablecida e forma parte do contrato, o risco deste produto de investimento é practicamente nulo. Os depósitos garanten a devolución do investimento inicial máis os xuros acordados ao vencemento do prazo. Co fin de protexer os aforradores de hipotéticos problemas de solvencia, os depósitos están avalados polo Fondo de Garantía de Depósitos ata 100 000 euros por titular e entidade.
Báner central Báner central
Buscador de fondos
Coñece o catálogo de fondos de investimento do BBVA.

Diferenzas con outros produtos de aforro e investimento

Para valorar as características dos depósitos a prazo fixo, resulta útil comparalos con outros produtos de aforro e investimento. Un dos que se compara con frecuencia cos depósitos, é o dos fondos de investimento, aínda que existen grandes diferenzas entre ambos. A maioría dos fondos de investimento teñen unha maior rendibilidade potencial, pero esta, agás no caso de determinados fondos garantidos, non está asegurada. Por iso, trátase dun produto cun maior nivel de risco. Con todo, os fondos de investimento ofrecen interesantes vantaxes como non tributar polo traspaso entre eles ou unha elevada liquidez.

Os plans de pensións son un produto similar aos fondos de investimento, pero en principio pensado para un investimento a moi longo prazo: xa que están destinados ao aforro para a xubilación, o usuario non pode retirar o seu diñeiro ata o momento no que dá por finalizada a súa vida laboral, ou ben cando acontecen determinadas continxencias, como enfermidade ou incapacidade laboral, a súa gran vantaxe? As achegas están fiscalmente incentivadas, o que permite interesantes aforros na declaración da renda.

Por último, están os plans de aforro, que son esencialmente un depósito, pero con condicións distintas ás dos depósitos a prazo fixo. Teñen a vantaxe de que os rendementos están exentos sempre que se manteñan un mínimo de cinco anos, e garanten, polo menos, un 85 % do investimento, investíndose o resto en activos de renda fixa ou variable. Polo tanto, trátase dun produto menos seguro que os depósitos a prazo fixo.

Investir diñeiro a prazo fixo é unha boa opción se o que se busca é un investimento seguro, aínda que os intereses que proporciona este investimento adoitan ser bastantes reducidos. En BBVA ofrecemos unha ampla gama de produtos de aforro e investimento para todo tipo de aforradores. Visita bbva.es ou calquera oficina BBVA para coñecer todas as súas características e contratar o que máis se adapte ás túas necesidades.

CTA subhome fondos CTA subhome fondos
Fondos de investimento - Tamén che podería interesar Fondos de investimento - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Coñece as características, tipoloxía e descrición daquilo que coñecemos como activos financeiros.
  • Explicámosche como funcionan os fondos de investimento e todo o que necesitas saber para investir o teu diñeiro.
  • Dúas das características do investimento en renda fixa son o risco reducido e a rendibilidade coñecida de antemán.
Fondos de investimento - Ferramentas Fondos de investimento - Ferramentas

Ferramentas de fondos de investimento

  • O simulador de fondos de investimento do BBVA axúdache a coñecer a rendibilidade que poderás conseguir cos teus aforros.
  • Non sabes que fondo de investimento se adapta mellor ás túas necesidades? O noso comparador axudarache a elixir a mellor opción.
  • Encontra o mellor fondo de investimento onde investir os teus aforros e comeza a rendibilizar o teu diñeiro.
  • Calcula a rendibilidade dun investimento dun modo rápido e sinxelo coa calculadora que pomos ao teu alcance.