Como investir mellor o meu diñeiro

Algúns consellos para investir sen sobresaltos

Afortunadamente, para as persoas que xeran aforro e desexan rendibilizalo, existe unha enorme variedade de vehículos financeiros nos que canalizalo. Ben sexan activos financeiros (depósitos, títulos de renda fixa, accións, fondos de investimento ou plans de pensións entre outros) ou activos non financeiros (inmobles, ouro, arte, etc), cada investidor poderá atopar solucións ás súas necesidades e expectativas.

Porén, crear unha carteira de investimento axeitada non é un proceso en que se deban buscar atallos. Unha correcta planificación financeira require dunha exhaustiva análise previa para resolver cuestións como:

Báner superior calcula rendibilidade Báner superior calcula rendibilidade
Saca partido ao teu diñeiro
Elixe o fondo de investimento que mellor se adapte ás túas necesidades.
  • Para que vou aforrar?
  • De que horizonte temporal dispoño?
  • Cal é o nivel de aforro que debería acadar ao final do proceso?
  • Que nivel de risco estou disposto a asumir mentres dure?

Unha vez clarificados estes importantes puntos, podemos pasar a definir e aplicar a estratexia axeitada para lograr as metas, é dicir, determinaremos como levar a cabo o investimento. Para iso é recomendable seguir certos consellos:

Evitar investir no que non se comprende

Un principio básico do investimento. Se non conseguimos entender o funcionamento dun determinado investimento, é que este non é para nós.

Comezar con antelación

O tempo é un aliado de vital importancia nos procesos de investimento. Ofrécenos por un lado a posibilidade de asumir determinados riscos cando o vencemento do noso plan de investimento está lonxe e por outro permite que o esforzo sexa máis gradual.

Convén ter presente o que se coñece como “regra do 72”: é unha medida que nos indica cantos anos son necesarios para que un investimento con xuro composto dobre o seu valor. Simplemente, hai que dividir 72 entre o tipo de xuro. Así, un investimento co xuro composto do 6 %, dobrará o seu valor en 12 anos.

Diversificar

Outra regra de ouro do investimento que coloquialmente podemos escoitar como “evitar pór todos os ovos na mesma cesta”. Nun proceso de investimento, concentrar nun ou en poucos activos é elevar exponencialmente o risco que se asume, mentres que repartir correctamente entre varios reducirá o risco de perda.

Báner central Báner central
Buscador de fondos
Coñece o catálogo de fondos de investimento do BBVA.

Investir de forma periódica

Supoñamos o caso dunha persoa que aforra a través dun fondo de investimento e ten como obxectivo un ano concreto investir nel 6.000 €. Que é mellor, unha achega puntual pola devandita cantidade ou unha achega mensual de 500 € durante cada un dos 12 meses?

A resposta atópase aliñada coa cuestión previa: no proceso de investimento, tamén convén diversificar as achegas, pois tamén se reduce o risco. Neste caso, o de facer toda a achega a un prezo de compra desaxeitado.

Comprender o binomio rendibilidade-risco

Sempre vai ocorrer que aspirar a maiores rendibilidades implicará asumir un maior nivel de risco. A relación entre estas dúas variables será sempre directa. Prima sempre fixar o risco que podes asumir e, con iso, tratar de maximizar a rendibilidade.

Coidado co efecto apancamento

Existen investimentos que se coñecen como “apancados”. Neles a cantidade efectivamente investida é reducida, pero a exposición ao activo subxacente é moito máis elevada. Isto pode provocar un efecto multiplicador das perdas. Estes investimentos son de alto risco e para un tipo de investidor moi específico.

Non endebedarse

Endebedarse para investir pode provocar efectos indesexados se o resultado do investimento non é o previsto. Inviste sempre dentro dos límites da túa capacidade real.

CTA subhome fondos CTA subhome fondos
Báner Asset Management Báner Asset Management
Coa colaboración de BBVA Asset Management:
Fondos de investimento - Tamén che podería interesar Fondos de investimento - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Coñece as características, tipoloxía e descrición daquilo que coñecemos como activos financeiros.
  • Explicámosche como funcionan os fondos de investimento e todo o que necesitas saber para investir o teu diñeiro.
  • Dúas das características do investimento en renda fixa son o risco reducido e a rendibilidade coñecida de antemán.
Fondos de investimento - Ferramentas Fondos de investimento - Ferramentas

Ferramentas de fondos de investimento

  • O simulador de fondos de investimento do BBVA axúdache a coñecer a rendibilidade que poderás conseguir cos teus aforros.
  • Non sabes que fondo de investimento se adapta mellor ás túas necesidades? O noso comparador axudarache a elixir a mellor opción.
  • Encontra o mellor fondo de investimento onde investir os teus aforros e comeza a rendibilizar o teu diñeiro.
  • Calcula a rendibilidade dun investimento dun modo rápido e sinxelo coa calculadora que pomos ao teu alcance.