Como aforrar diñeiro, todo o que debes saber

Descubre os principais instrumentos de aforro do mercado
O concepto tradicional de aforro apóiase na idea de non empregar o diñeiro en cousas innecesarias e depositalo e acumulalo progresivamente. Ou, dito doutra maneira, intercambiar consumo presente por consumo futuro. Non obstante, hoxe en día sabemos que gardar o aforro sen o pór a “traballar” implica que a inflación vaia minando o seu poder adquisitivo ou, o que é o mesmo, implica que nos vaiamos empobrecendo. Por iso, a medio e longo prazo non abonda con aforrar, senón que é necesario investir ese aforro. Co obxectivo de incentivar e rendibilizar o aforro individual dos particulares, as entidades financeiras foron desenvolvendo unha serie de instrumentos que lles permiten tirar partido ao seu aforro en función das súas necesidades e expectativas. Neste artigo, explicámosche como tirares partido ao teu aforro facendo uso dos produtos financeiros máis populares e como escoller o que mellor se adapte ás túas necesidades.
Báner superior calcula rendibilidade Báner superior calcula rendibilidade
Saca partido ao teu diñeiro
Elixe o fondo de investimento que mellor se adapte ás túas necesidades.

Plans de aforro a longo prazo: SIALP e CIALP

Estes plans de aforro nacen co obxectivo de fomentar o aforro dos particulares para a xubilación, e poden ser contratados no seu formato de seguro (SIALP) ou de conta bancaria (CIALP). Estes plans tamén son coñecidos como Plans Aforro 5.; Unha das súas particularidades é que se se mantén o investimento un mínimo de 5 anos, os rendementos están exentos de tributar en IRPF.

Dentro dos plans de aforro, pódense distinguir dúas modalidades:

  • Seguro individual de aforro a longo prazo (SIALP): esta modalidade baséase na contratación dun seguro de supervivencia e falecemento que se toma como instrumento de aforro a longo prazo e do que o contratante é, ademais de asegurado, beneficiario. Os SIALP ofrecen un tipo de xuro determinado que se establece no momento da contratación do plan. Desta forma, o beneficiario pode coñecer de antemán o rendemento que pode obter á hora de retirar a súa achega.
  • Conta individual de aforro a longo prazo (CIALP): neste caso, o particular asina cunha entidade bancaria a contratación dun depósito asociado a unha conta, onde se ingresan os rendementos xerados en consecuencia do investimento das achegas do contratante.

A lei establece que os particulares só poden ter contratado un destes dous produtos de maneira simultánea. O rescate do diñeiro pódese realizar en calquera momento, aínda que, no caso de que a retirada se efectúe antes de que transcorran 5 anos, supón a perda das vantaxes fiscais previamente mencionadas. Ambas as modalidades son consideradas de baixo risco, xa que garanten a devolución de, polo menos, o 85 % do investimento inicial.

Plans de pensións

Os plans de pensións son produtos de aforro a longo prazo especialmente orientados á xubilación. Durante a súa vida laboral, o beneficiario do plan vai realizando achegas periódicas ou puntuais (ata un máximo de 8.000 euros anuais) que son investidas en función da política de investimento do plan. Existen plans adaptados a todos os perfís de risco. Quen se encontre temporalmente lonxe da xubilación, poderá incorrer en determinados riscos na procura da máxima rendibilidade. Coa xubilación próxima, é recomendable posicionarse en plans de perfil conservador.

En termos xerais, os plans de pensións caracterízanse por ofreceren unha liquidez reducida moi baixa, pois só permiten a retirada do capital achegado e os beneficios unha vez que se produce a xubilación do titular ou cando acontecen determinadas continxencias ou situacións, como desemprego de longa duración, incapacidade laboral ou enfermidade grave. Ademais, desde 1 de xaneiro de 2025 será posible rescatar aquelas participacións con polo menos 10 anos de antigüidade. Con esta nova medida, ampliouse notablemente a liquidez dos plans, co obxectivo de fomentar este aforro previsional.

A principal vantaxe que presentan os plans de pensións radica nos seus beneficios fiscais: os titulares teñen a posibilidade de deducir as cantidades achegadas da base impoñible do IRPF e reducir, así, o importe dos impostos que terán que pagar ao tempo que xeran un interesante aforro adicional que, idealmente, sería reinvestido no propio plan.

Báner central Báner central
Buscador de fondos
Coñece o catálogo de fondos de investimento do BBVA.

PPA e PIAS

Os plans de previsión asegurados (PPA) e os plans individuais de aforro sistemático (PIAS) son dous tipos de instrumentos de aforro que se caracterizan por estaren vinculados á contratación dun seguro. Da mesma maneira que o resto dos produtos, os PPA e os PIAS ofrecen aos seus titulares unha rendibilidade que deriva do investimento das achegas realizadas.

O PPA é un produto similar ao plan de pensións, coa excepción de que está instrumentalizado nun seguro de vida en lugar de nun fondo de pensións. Así, os PPA están deseñados para seren rescatados no momento da xubilación, salvo que se produza algunha das continxencias descritas. Os PIAS, pola súa parte, ofrecen a posibilidade de rescatar o diñeiro en calquera momento, aínda que a retirada anticipada pode incorrer na perda de vantaxes fiscais. Están exentos de tributar se se manteñen un mínimo de 5 anos e se perciben en forma de rendas vitalicias.

Canto á rendibilidade, os PPA ofrecen un rendemento garantido en función dun xuro fixo que se establece no momento da contratación do seguro, polo que son recomendables para investidores de perfil máis conservador. Os PIAS, pola súa parte, poden ofrecer unha rendibilidade fixa durante toda a súa vida ou ben ofrecer unha rendibilidade variable ligada á evolución dos mercados financeiros.

No BBVA, querémosche axudar a tirar o máximo partido aos teus aforros. Visita bbva.es e consulta a nosa sección de aforro e investimento, onde poderás encontrar unha ampla oferta de plans de pensións e seguros de aforro. Ademais, pomos á túa disposición distintas alternativas, como os depósitos e os fondos de investimento, para que poidas escoller o produto que mellor se adapte aos teus obxectivos de aforro a longo prazo.

CTA subhome fondos CTA subhome fondos
Fondos de investimento - Tamén che podería interesar Fondos de investimento - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Coñece as características, tipoloxía e descrición daquilo que coñecemos como activos financeiros.
  • Explicámosche como funcionan os fondos de investimento e todo o que necesitas saber para investir o teu diñeiro.
  • Dúas das características do investimento en renda fixa son o risco reducido e a rendibilidade coñecida de antemán.
Fondos de investimento - Ferramentas Fondos de investimento - Ferramentas

Ferramentas de fondos de investimento

  • O simulador de fondos de investimento do BBVA axúdache a coñecer a rendibilidade que poderás conseguir cos teus aforros.
  • Non sabes que fondo de investimento se adapta mellor ás túas necesidades? O noso comparador axudarache a elixir a mellor opción.
  • Encontra o mellor fondo de investimento onde investir os teus aforros e comeza a rendibilizar o teu diñeiro.
  • Calcula a rendibilidade dun investimento dun modo rápido e sinxelo coa calculadora que pomos ao teu alcance.