Como podo pagar menos no meu recibo da luz

Coñece os mellores trucos e consellos para reducir o custo da túa factura eléctrica
Entre todos os gastos aos que se enfronta habitualmente un fogar, a factura da luz é, posiblemente, un dos máis importantes e custosos. Debido a que nos últimos anos, e aínda na actualidade, o prezo da electricidade experimentou un incesante aumento, coñecer a maneira de reducir ese gasto resulta fundamental. Se, como seguramente aconteceu, pensaches algunha vez en como pagar menos luz, continúa lendo e descubre as claves e a metodoloxía para dar un respiro á túa economía.
Báner superior BBVA Bconomy Báner superior BBVA Bconomy
BBVA Bconomy
A ferramenta que te axuda a marcarte unha meta de aforro e conseguila.

Trucos e consellos para reducir a túa factura da luz

Aínda que pareza complicado pagar menos no recibo da luz, non é nin moito menos imposible. Loxicamente, nunca poderás chegar a un ‘consumo cero’, pero si reducir o custo da túa factura o suficiente para ter máis capacidade de aforro. Estes son os pasos que debes seguir para lograr o teu obxectivo:

  • Revisa a potencia contratada: é o primeiro paso e un dos principais. En moitas ocasións, quer porque correspondía a un antigo inquilino quer porque directamente a estableceu a propia compañía eléctrica, temos máis do que necesitamos. Revisa sempre os kW que che fan falta e non contrates máis dos que requires.
  • Os electrodomésticos: son os que máis enerxía consomen e, polo tanto, os que máis inflúen no recibo da luz. Aposta polos que respectan o principio da eficiencia enerxética e desconéctaos, se é posible, cando vaias pasar varios días fóra da casa. Así poderás aforrar ata un 5%.
  • O ‘stand by’, o teu peor inimigo: non desconectar a televisión cando non a utilizas e deixala en modo ‘stand by’ pode parecer inofensivo, pero non o é. Ese simple detalle supón un custo adicional considerable que se pode evitar facilmente. Isto mesmo é aplicable a outros aparellos electrónicos e aos cargadores. - Aproveita a luz natural: é un consello básico, pero non por iso menos importante. Sempre que sexa posible, saca o máximo partido á iluminación natural. E, evidentemente, apaga sempre a luz cando non a necesites.
  • Usa lámpadas LED: a iluminación de baixo consumo é un dos mellores investimentos. É certo que as lámpadas LED son máis caras que as convencionais, pero o aforro que che suporá a medio e longo prazo fai que merezan a pena.
  • Compara tarifas: como ocorre con cada tipo de produto e servizo, comparar as opcións dispoñibles no mercado resulta indispensable. Dependendo do contrato que asinases, xeralmente terás que avisar a túa compañía cuns 15 ou 20 días de antelación para te poderes cambiar.
  • Tarifa por horas: a tarifa por discriminación horaria é unha opción cada vez máis popular. Adoita haber de 12 a 14 horas nas que a electricidade é máis barata, xeralmente a partir das dez da noite. É realmente útil se, por exemplo, tes calefacción eléctrica.

Mercado regulado ou mercado libre?

Dentro de todos os aspectos que debes valorar á hora de reducir o prezo da túa factura eléctrica está, sen dúbida, o tipo de tarifa que elixas. Os consumidores teñen a liberdade de escoller entre dous tipos: o mercado regulado ou o mercado libre. Unha decisión que pode influír directamente na cantidade que pagan. No entanto, en moitas ocasións, nin sequera sabemos cal é a nosa.

Ambas as opcións contan con vantaxes e desvantaxes, ademais de ter as mesmas peaxes de acceso -establecidas polo Goberno- e os mesmos impostos. A diferenza é, polo tanto, o prezo que custa producir electricidade. No mercado regulado ou PVPC (prezo voluntario para o pequeno consumidor), o prezo é fixado polo Goberno en función do custo da enerxía no chamado mercado por xunto, é dicir, o das grandes compañías.

Tendo en conta isto, no mercado regulado aproximadamente un 65% do prezo é fixo e vai asociado ás peaxes de acceso e aos impostos, mentres que o 35% restante dependerá da flutuación do mercado eléctrico. Isto significa que só se tes esta tarifa, sufrirás a suba da luz, aínda que tamén te beneficiarás cando o prezo baixe.

Pola contra, no mercado libre participan todas as comercializadoras, que deciden directamente o prezo e as condicións da contratación. A túa factura non variará, como no caso do PVPC, dependendo da flutuación do mercado eléctrico, senón que pagarás o mesmo cada mes.

A pregunta é: cal é a mellor opción? A resposta é relativa, pois dependerá de cada consumidor. Malia que o mercado regulado foi tradicionalmente considerado como máis rendible, resulta imposible categorizar. A conveniencia dunha ou outra opción depende de moitas circunstancias e do teu tipo de consumo. Ademais, lembra que no mercado regulado se notan as subas e no mercado libre ocorre o contrario. A mellor solución, sen dúbida, é que compares o que ofrece o mercado e escollas o que máis te favorece.

Báner central Bconomy Báner central Bconomy
Empeza a aforrar
Co BBVA Bconomy poderás comparar os teus gastos e crear o teu colchón financeiro.

Aforrar é máis fácil co BBVA

A túa capacidade de aforro está condicionada en boa medida polo que pagas polo recibo da luz. Seguindo os pasos adecuados, como ves, pode reducirse, aínda que todo é máis sinxelo cun bo compañeiro de viaxe. O BBVA quere axudarche a aforrar coa nova funcionalidade BBVA Bconomy, que che permite analizar e organizar os teus gastos, incluído o da electricidade.

Grazas a BBVA Bconomy, dispoñible na app do BBVA, terás a información sobre o teu diñeiro que antes non tiñas. Poderás analizar a túa situación financeira coa comparativa dos teus gastos con outros perfís similares ao teu, para saber onde podes aforrar. Únete ao equipo BBVA e sácalle o maior partido ao teu diñeiro. Porque canto máis sabes, mellor decides.

CTA Bconomy CTA Bconomy
Contas - Tamén che podería interesar Contas - Tamén che podería interesar

Tamén che podería interesar

  • Axudan a identificar o banco receptor dunha transferencia, garantindo a seguridade do proceso.
  • Puxemos á túa disposición varias funcionalidades en liña que farán máis sinxelas as túas xestións esteas onde esteas.
  • O tempo que tarda en facerse unha transferencia varía. Explicámosche todo o que envolve a esta operación bancaria.
Contas - Ferramentas Contas - Ferramentas

Ferramentas de contas