Así é Programa a túa conta

A ferramenta que che axudará a ter a túa conta controlada.

Controlar as túas contas non sempre é sinxelo. Por iso, desde o BBVA ofrecémosche Programa a túa conta, un servizo composto dunhas sinxelas regras que che axudan a xestionar de maneira automática as túas contas evitando, con iso, que teñas que estar sempre pendente.

Permite establecer un saldo mínimo ou máximo (para evitar imprevistos), redondear os pagamentos realizados coa túa tarxeta de débito ou establecer unhas pautas de aforro a través de orzamentos, nóminas ou ao final do mes. Todo usando a nosa app e sen ningún tipo de custo para ti.

Báner superior Programa a túa conta Báner superior Programa a túa conta
Aforra con Programa a túa conta
Utiliza as súas 6 regras e cumpre as túas metas de forma rápida e sinxela

Que funcionalidades a compoñen?

  • Saldo mínimo: se es dos que non mira a miúdo a conta, é posible que a suma dos teus cargos faga que o teu saldo sexa demasiado baixo ou que mesmo quedes en descuberto. Con esta opción podes establecer un límite nas contas evitando que estas descendan da cantidade marcada. E se isto acontece, realízase un traspaso desde unha segunda conta (previamente asignada e sempre que teña saldo) para que, en ningún momento, se exceda a liña marcada na regra.
  • Saldo máximo: é similar á anterior pero realiza o proceso á inversa, é dicir, unha vez que fixes un límite máximo de saldo nunha das túas contas, o diñeiro que o exceda irá directamente á outra conta. Isto permíteche aforrar máis facilmente, xa que o diñeiro “sobrante” non está na túa conta de gastos.
  • Arredondamento en compras: é unha ferramenta moi útil, se o que buscas é aforrar, ao contar coa posibilidade do microaforro no pagamento das túas compras con tarxeta de débito. O proceso é moi sinxelo: por cada adquisición que fagas cunha tarxeta de débito, a devolución que falte ata o seguinte euro é transferida directamente á conta que asignes como aforro. Por exemplo, se pagas nun supermercado por un valor de 14,75 euros, os 25 céntimos ata os 15 euros van directamente a esa conta de aforro.
  • Aforro en nómina: con esta funcionalidade podes traspasar unha parte do teu salario ou pensión de maneira automática, e así que o recibas, a outra conta. Así, o feito non veres o diñeiro na conta corrente fai que o poidas aforrar con maior facilidade.
Báner centro Programa a túa conta Báner centro Programa a túa conta
Conta Metas BBVA
A conta que che axuda a alcanzar os teus obxectivos de aforro.
  • Aforro fin de mes: é moi parecida á anterior pero en lugar de aplicarse ao principio de cada mes prográmase ao final. Con ela tes a posibilidade de incrementar os teus aforros pasivamente transferindo a unha conta diferente unha porcentaxe do saldo en conta ao final do mes. Todo iso de maneira automática e sen ter que te preocupares.
  • Aforro en orzamentos: a través de Bconomy, dispoñible na app do BBVA, podes crear unha serie de orzamentos que che axudarán a organizar mellor o teu diñeiro. Programa a túa conta vai un pouco máis alá ao che permitir trasladar a outra conta o diñeiro que che sobre dos teus orzamentos. Así, e de maneira automática, podes facer crecer a túa conta de aforro sen apenas notalo.
CTA Programa a túa conta CTA Programa a túa conta