Maneiras de aforrar que agradecerás no futuro

Consellos e ferramentas para alcanzar os teus obxectivos.

Todo bo aforrador ten que fixar a súa meta para o futuro xa que será cando poderá ver realizado o obxectivo desexado (ou tamén para estar máis tranquilo por se xorde algún imprevisto). Son múltiples os motivos polos que aforrar é recomendable. 

É por iso que, neste artigo, queremos ofrecerche maneiras de aforrar que seguramente o teu "eu" futuro che agradecerá.

Báner superior Programa a túa conta Báner superior Programa a túa conta
Aforra con Programa a túa conta
Utiliza as súas 6 regras e cumpre as túas metas de forma rápida e sinxela

Consellos que se deben seguir

Desde o BBVA queremos apuntar, en primeiro lugar, que os milagres neste campo non existen. Porén, se es aplicado e segues as distintas maneiras de aforrar que che ofrecemos verás que facero aos poucos non é algo imposible. 

Organiza o teu plan de aforro: o primeiro que debes facer é crear un orzamento que detalle os teus gastos e ingresos e que che permita ver claramente en que empregas o diñeiro. Unha fotografía da túa economía coa que afinar os gastos que se deben recortar e reducir e en que cantidade. O BBVA conta cunha ferramenta, Bconomy, que che axudará a cumprir esta meta mostrándoche unha desagregación de todo o que gastas por categorías e ofrecéndoche a opción de crear orzamentos de gastos en cada unha delas. 

Diminúe os teus gastos fixos: co orzamento na man, tócache diminuír os gastos fixos. Recomendámosche que revises os distintos servizos que teñas contratados, como a tarifa de móbil e Internet, ou que apagues as luces ou a televisión na casa cando non as esteas utilizando. Seguir estes pequenos consellos reducirá o total da túa factura ao final do mes. 

Busca as mellores ofertas en Internet: os comparadores de prezos son de grande axuda para encontrar a mellor relación calidade-prezo do produto que necesitas. Un sinxelo paso que non che leva moito tempo e que xera un grande aforro.

Automatiza o aforro: o fin de aforrar é futuro. Por iso, e para que se faga máis sinxelo este longo proceso, non debes pensar no día a día senón no proceso completo. O máis fácil para iso é automatizares o aforro para que o banco, de maneira mecánica, realice os traspasos que fixes no teu orzamento a outra conta sen que teñas que preocuparte. No BBVA dispós de Programa a túa conta, servizo composto de sinxelas regras que che axudan neste obxectivo. Por exemplo, mecanizas o traspaso dunha parte da túa nómina a outra conta de aforros ou dunha porcentaxe do saldo total da túa conta ao final do mes. 

Báner centro Programa a túa conta Báner centro Programa a túa conta
Conta Metas BBVA
A conta que che axuda a alcanzar os teus obxectivos de aforro.


Evita o pagamento de xuros: son un gasto que mingua a túa economía e que se poden eliminar. Para iso, aconsellámosche que domicilies todos os teus gastos na mesma conta na que che ingresan o salario cada mes. Desta forma, tamén consegues ter un maior control sobre as túas finanzas. 

Crea unha conta para aforrar: desde o BBVA recomendámosche que transfiras o diñeiro que vaias aforrando a unha conta destinada ao aforro. No BBVA dispomos da Conta Metas, que non ten ningún tipo de comisión nin che cobra polas transferencias. Ábrese a través da app do BBVA ou bbva.es e, para empezar a utilizala, debes indicar o nome da meta, o diñeiro que queres aforrar e o prazo que estimaches para cumprir o teu obxectivo. Con base nisto, envíache notificacións da evolución do aforro para que sempre saibas en que punto estás.

CTA Programa a túa conta CTA Programa a túa conta