Como controlar os gastos mensuais

Consellos para aforrar.

Grazas ás novas tecnoloxías, ter o control dos teus gastos mensuais é cada día é máis sinxelo. As aplicacións que instalas no móbil dispoñen de funcionalidades que facilitan este tipo de obxectivos, aínda que tamén necesitas estar ben organizado e ter forza de vontade para alcanzar a meta. 

Se estás a ler este artigo é porque queres manexar mellor a túa economía e chegar a fin de mes conservando parte dos teus ingresos. Desde o BBVA propómosche estes consellos para conseguilo.

Báner superior Programa a túa conta Báner superior Programa a túa conta
Aforra con Programa a túa conta
Utiliza as súas 6 regras e cumpre as túas metas de forma rápida e sinxela

Unha boa organización é prioritaria

Como diciamos previamente, estar ben organizado é o primeiro reto que debes afrontar para controlares os gastos mensuais. Para iso, o mellor é crear un orzamento que se adapte fielmente ás túas necesidades e que che mostre en todo momento o ritmo de aforro que debes levar. Antes de elaboralo, analiza tamén os teus ingresos e gastos fixos para teres unha idea de canto diñeiro podes aforrar ao mes. 

Se necesitas axuda, tes á túa disposición diferentes modelos de aforro que che poden facilitar a tarefa como, por exemplo, o coñecido como 50/20/30. A súa posta en marcha baséase nunha regra de proporcións que dita: o 50% dos teus ingresos destínanse aos gastos fixos, o 30% aos persoais e o 20% ao aforro. Un método simple, en principio, cuxa única complicación chega á hora de definir en que apartado hai que meter cada gasto. Un paso que debes levar a cabo obrigatoriamente antes de comezar. 

Queres empezar a usalo? O BBVA conta con Bconomy, funcionalidade que che indica a distribución dos teus gastos e como se axustan a esa regra do 50/30/20. Tamén dispón de Programa a túa conta, servizo que che axudará co 20% a aforrar grazas ás súas 6 funcionalidades, entre as que destacan, para este caso concreto, as de Aforro en nómina, Aforro fin de mes e Aforro en orzamentos.

Consellos para aforrar

Compra unicamente o que necesites: os pagamentos innecesarios afectan negativamente no total da túa conta. Falamos deses produtos ou servizos que adquires sen pensar e que, se queres sanear a túa economía, debes evitar. Como o podes facer? Deixa pasar un tempo antes de realizar calquera adquisición. Se tras este non alcanzas ningunha resolución será porque non o necesitas. 

Busca as mellores ofertas: Internet fai máis sinxelo que encontres a relación calidade-prezo que buscas e os mellores descontos, máis se utilizas comparadores. Unha virtude que se pode tornar en defecto se non tes coidado, xa que unha baixada de prezo moi atraente pódete levar a adquirir produtos que non necesites. 

Báner centro Programa a túa conta Báner centro Programa a túa conta
Conta Metas BBVA
A conta que che axuda a alcanzar os teus obxectivos de aforro.

Minimiza os gastos mensuais na casa: podes conseguilo con actos tan simples como apagar a luz ou a tele cando non as utilices. Tamén podes subir ao carro do baixo consumo cambiando as túas lámpadas antigas por unhas de LED ou actualizando os teus electrodomésticos por uns de clase A. Notarás unha gran diminución na factura da luz.

Conserva os teus ingresos extra: permitirache facer fronte a imprevistos que poidan xurdir no futuro sen romper o ritmo de aforro que marcaches nun principio. E se non tes ningún gasto adicional, farán que o teu colchón de aforro aumente máis rapidamente. 

Fai a lista da compra: acudir ao supermercado sen saber que necesidades debes cubrir é un fallo que se comete moito e que adoita supor un aumento considerable no total que se paga.

CTA Programa a túa conta CTA Programa a túa conta