Aforrar máis, é posible?

Trucos para reducir os gastos do fogar.

Desde que comezou a crise, aforrar converteuse nunha tarefa complicada. Os soldos, por veces desaxustados con respecto ao nivel de vida, fan que chegar ao final do mes cuns euros de máis sexa difícil, mais non imposible. Aos poucos, podes ir facendo un peto a agrandalo co paso do tempo, tarefa na que este artigo pode axudarche.

Antes debemos ter en conta, segundo a última enquisa de orzamentos familiares publicada polo Instituto Nacional de Estatística, que o maior desembolso mensual das familias españolas corresponde aos gastos da casa e o segundo, á alimentación. Por iso, desde o BBVA querémosche ofrecer uns consellos para reducir ao máximo posible o gasto nestas dúas áreas.

Báner superior Programa a túa conta Báner superior Programa a túa conta
Aforra con Programa a túa conta
Utiliza as súas 6 regras e cumpre as túas metas de forma rápida e sinxela

Aforrar máis no fogar

Antes de te enfrontares a calquera tarefa, o primeiro que tes que facer é organizarte ben. Para iso, debes empezar por crear un orzamento que che aclare como están as túas finanzas e que che indique canto podes aforrar ao mes. Previamente, e como axuda nesa elaboración, é posible coñecer os teus gastos detallados con Bconomy, funcionalidade accesible desde a nosa app. Esta ofréceche, tamén, unha comparativa (con base en persoas das túas mesmas características) que che permite ver se se pode aforrar máis. 

Así que tes claro o teu orzamento, é o momento de aforrar. O primeiro consello que che damos é que, se estás pensando en cambiar algún aparello eléctrico da casa, intentes compralo de baixo consumo. É certo que son máis caros pero, pensando no futuro, xeran un maior aforro nas mensualidades da luz xa que son máis eficientes. O mesmo ocorre co uso de lámpadas LED. Gastan ata 10 veces menos que as clásicas e, como ocorría cos electrodomésticos, acaban sendo máis rendibles.

No entanto, e aínda que cambies os teus electrodomésticos e lámpadas polas súas opcións máis ecolóxicas, este uso responsable da enerxía na casa non se debe cinguir a estes dous casos concretos, debe ser xeral. Accións simples como, por exemplo, apagar a luz se non a necesitas ou a televisión se non a estás a ver. En definitiva, pequenos xestos do día a día que diminúen de maneira considerable a túa factura. 

Tampouco se debe abusar da calefacción nin do aire acondicionado, dous dos aparellos que máis enerxía consomen e cuxo consumo, polo tanto, debe ser moderado. Para conseguilo, procura que a temperatura da túa casa non descenda dos 21º no verán nin supere os 26º no inverno. Un consello que, ademais de ao teu peto, tamén axuda ao medio natural. 

Tamén o bo realizar a lista da compra antes de ir ao supermercado e incluír nela unicamente os produtos que necesites. Unha axudiña para sermos máis precisos, e non facer adquisicións fóra de lugar que engrosen o total do tícket da compra, é utilizar os distintos buscadores que ofrece Internet para encontrar a mellor relación calidade-prezo do que queres. 

Por último, animámoste a que compartas as contas de plataformas musicais, de cinema ou de series con familiares ou amigos, o que posibilita o acceso ás promocións que xeran un aforro na mensualidade.

Báner centro Programa a túa conta Báner centro Programa a túa conta
Conta Metas BBVA
A conta que che axuda a alcanzar os teus obxectivos de aforro.

Aplicacións enfocadas ao aforro

Actualmente existen varias aplicacións que facilitan o aforro. A do BBVA, por exemplo, ofréceche a Conta Metas BBVA, un produto pensado para os que queren conseguir un colchón económico. Ao abrila, simplemente lle debes pór un nome, indicar cal é o teu obxectivo de aforro e a data que marcaches para cumprilo. A propia conta mándache notificacións para que sempre esteas informado da evolución dos teus obxectivos. Ademais, se necesitas o diñeiro nalgún momento, podes acceder a el inmediatamente.

Tamén dispós de Programa a túa conta, servizo composto por 6 regras que che permiten ter un maior control sobre a economía e, con iso, sobre o teu aforro. Podes automatizar desde o traspaso dunha porcentaxe do saldo total da túa conta corrente ao final do mes (ou dunha parte da túa nómina no momento en que cha ingresen ou dos teus orzamentos) ata pór un saldo máximo ou practicar o microaforro coa funcionalidade Arredondamento.

CTA Programa a túa conta CTA Programa a túa conta