Luis Castellanos

Filósofo e investigador 

"Aprender é o que facemos todos os días para enfrontarnos ao que non coñecemos"

Podes ver o vídeo completo aquí.

A linguaxe positiva é o xeito no que recollemos o poder das palabras, dicindo que estas nos ensinan a ver e a atopar o lado favorable das cousas. Axúdanos a protexernos da vida que imos poder ter nun futuro coa propia linguaxe, que nos vai acompañar ata o último día da nosa vida. Axúdanos tamén a entender a nosa propia historia, a nosa propia narración, porque as palabras constrúen todos os días os nosos relatos. Forxan a nosa personalidade, forxan a nosa memoria, forxan a nosa capacidade de ver o mundo. As palabras positivas o que fan é ensinarnos a ver o lado favorable dese mundo.

Construímos a personalidade palabra a palabra. Construímos a nosa memoria palabra a palabra. Construímos os nosos soños palabra a palabra. Polo tanto, o que está achegando é que a nosa personalidade se vai construír cunhas palabras que nos poden axudar. Achega a capacidade do cerebro de ser máis rápido, de estar máis atento, de estar máis concentrado. Achega enerxía, achega creatividade.

Hai unha palabra que me parece fundamental. É a que fai que sexamos seres creativos. Esa palabra é “si”. Todo o mundo sempre se empeña no “non”. O “si” é a palabra que che dá poder. O teu cerebro recibirá e abrirase. Se sempre digo que non á primeira, o que estou facendo é selar o meu cerebro dunha maneira, non permitirei que sexa creativo e a ti tampouco che permitirei ser creativo. O “si” é a primeira proposta que temos que facer.

"A linguaxe positiva é a capacidade de construír boas historias para encontrar un futuro diferente ao que temos hoxe en día"

A linguaxe positiva o que vai facer é que nos decatemos antes de que dixemos algo que non é axeitado e que tomemos as medidas. É dicir, que pidamos perdón antes. Iso é o que fai a linguaxe positiva. Non é boísmo, non. Simplemente é unha relación de tempo. Nós somos tempo e atención. Nacemos, medramos e morremos e prestamos atención na vida a certas cousas. O que estamos a dicir é que hai que reconceptualizar as palabras ou a linguaxe. Linguaxe oral, xestual e escrita. E como queremos ter unha boa historia de vida, a linguaxe é a que constrúe esa boa historia de vida.

O sentido do humor é clave. Non hai que dramatizar. Isto simplemente é unha aprendizaxe, non estamos ensinando nada. O que estamos intentando é que aprendamos xuntos. Eu aprendo a ser valente como profesor, eu aprendo como pai a ser valente e como alumno podo aprender a ser valente. 

Estamos intentando educar en matemáticas, en física, en química, en bioloxía, nas novas tecnoloxías, sen educar na linguaxe. Porque á linguaxe, como xa a temos incorporada, non lle demos a importancia que ten.

Biografía
Doutor en Filosofía e investigador, Luis Castellanos é referencia no campo da linguaxe "positiva". Autor dos libros “A ciencia da linguaxe positiva” e “Educar na linguaxe positiva”. Traballou en estudos sobre neurociencia cognitiva na Universidade Complutense e no Instituto de Saúde Carlos III de Madrid. Apoiado nos resultados clínicos obtidos en resonancias magnéticas e electroencefalografías, demostrou a enorme influencia que ten o uso da linguaxe positiva na educación.