Risco sistemático

Tamén chamado risco de mercado, non se debe ás características concretas dun valor, senón que depende de factores xenéricos que afectan á evolución dos prezos nos mercados de valores (situación económica xeral, noticias de índole política, etc.). Este risco non se pode controlar nin reducir mediante a diversificación, xa que se debe a factores que repercuten sobre o mercado no seu conxunto (en xeral, considérase que é o mínimo risco alcanzable mediante a diversificación da carteira).

Denomínase risco de mercado porque constitúe o indicador do risco agregado de todas as compañías que cotizan nel, referido a un período de tempo determinado. Para estimar con posterioridade o risco sistemático dun mercado, adóitase realizar unha medición do risco dos seus índices de referencia, a través da desviación típica das series históricas de tales indicadores.