Risco país

É o risco de crédito dun investimento, que non depende da solvencia do emisor, senón da do seu país de orixe. Por exemplo, hai risco país se existe a posibilidade de que un Estado decida suspender a transferencia de capitais ao exterior, bloqueando os pagamentos, ou retirar se é o caso o aval público a unha entidade; algúns países inclusos suspenderon, nun momento ou outro, os pagamentos de intereses e / ou principal da débeda pública. O risco país é practicamente inexistente nos Estados occidentais con moedas estables.