Risco operativo ou de procedemento

Risco de erros na transmisión e execución de instrucións de compra ou venda de valores, por parte das entidades intermediarias. Pódese deber a fallos informáticos, deficiencias nos sistemas de control ou erros humanos. O seu control esixe unha verificación estrita dos contidos das ordes e a posterior comprobación de que as execucións se corresponden coas instrucións recibidas e a situación do mercado.