Orde polo mellor

Orde bolsista que se introduce no sistema sen sinalar prezo, polo que se negocia ao mellor prezo de contrapartida no momento da introdución. A particularidade con respecto á orde de mercado (ver concepto) é que, se ao mellor prezo non hai volume suficiente para atender a totalidade da orde, a parte non satisfeita queda limitada a ese prezo; é dicir, non poderá cruzarse a outro máis desfavorable.