Oferta pública de subscrición (OPS)

Operación de mercado primario dirixida á captación de fondos nos mercados. Os valores que se ofrecen publicamente proceden dunha ampliación de capital. Esta operación pódena realizar tanto sociedades cotizadas como non cotizadas. En xeral, nas non cotizadas abórdase cunha dobre finalidade: captar fondos e acadar o requisito de difusión accionarial necesario para a súa admisión a cotización. A norma básica aplicable a estas operacións é o RD 1310/2005.