Obriga do Estado

Valores de renda fixa a longo prazo emitidos polo estado. Emítense a 10, 15 e 30 anos (os bonos do estado teñen as mesmas características, pero os seus prazos oscilan entre 2 e 5 anos). Ao longo da súa vida, estes activos devindican un tipo de xuro fixo que se aboa mediante cupóns anuais. Algunhas destas emisións realízanse baixo a modalidade de valores segregables ou “strips”, que permiten adquirir por separado o principal e cada un dos cupóns que integran a obriga orixinal.