Novación

Unha novación é un acordo das partes que subscribiron un contrato para modificar unha parte do seu contido. Aplícase, por exemplo, á modificación das condicións dun préstamo hipotecario.

É un xeito de extinguir unha obriga mediante a creación doutra obriga nova que substitúe a anterior. Mediante este convenio cámbiase un ou varios elementos da relación xurídica, como suxeito, obxecto ou condicións esenciais, creando unha nova obriga que substitúe a anterior no mesmo acto.

Unha novación pódese realizar sen o consentimento do primeiro debedor, pero sempre require a aprobación do acredor. A novación consideraríase nula se tamén o fose a obriga primitiva.

Unha novación hipotecaria é aquel cambio que se realice no préstamo hipotecario con posterioridade á súa contratación e que implique un novo acordo, onde, a modo de exemplo, se incremente o importe do préstamo para acceder a novos fondos, o prazo do préstamo ou a incorporación de novas garantías.

Tamén che podería interesar