Mercado primario

Captación de fondos do público por parte dunha empresa, mediante a emisión de novos valores. É dicir, os investidores obteñen títulos de recente creación, que adquiren directamente do emisor (por contraposición aos mercados secundarios, nos que se negocian títulos emitidos con anterioridade que estaban en poder doutros investidores). Porén, tamén se consideran operacións de mercado primario as compras ou vendas de valores que xa estaban en circulación, cando se realizan a través dunha oferta pública.