Mercado OTC

Mercado que non está suxeito a regulación nin supervisión externa. Os mercados OTC non adoitan ter unha sede física e a negociación realízase por teléfono ou ordenador. A diferenza do que ocorre nos mercados organizados, as operacións non están estandarizadas, senón que son as partes as que fixan as súas condicións de forma libre e directa (aínda que poden existir acordos xerais sobre procedementos). Non existe ningún órgano de compensación e liquidación que garanta o cumprimento dos compromisos adquiridos polos contratantes; por iso, nestes mercados adoitan operar entidades de gran solvencia.