Investimento institucional

O investimento financeiro en bolsa, realizado por entidades con personalidade xurídica, que invisten de forma reiterada nunha determinada clase de valores, por ser un dos seus fins sociais. Entre estes atópanse os fondos de pensións, as compañías de seguros e, en xeral, todas as institucións financeiras.