Información periódica de fondos de investimento

Documentos informativos que a sociedade xestora elabora e remite aos partícipes de cada un dos fondos que administra, para informarlles da evolución do fondo. Os informes semestrais e anuais deben enviarse obrigatoria e gratuitamente ao investidor; o informe trimestral proporciónase previa solicitude. Ademais, o partícipe pode solicitar que se lle fagan chegar todos os informes por correo electrónico.