Información financeira

O fluxo de saída da información financeira tende a mellorar a comunicación entre a empresa e os accionistas e investidores potenciais, mellorando o coñecemento da situación empresarial, para facilitar a obtención de créditos e a creación de contratos. Tamén está dirixida á toma de decisións por parte dos directivos internos. Esta información, concretada nunha serie de contas e estados de periodicidade anual, ou mesmo menor, debe cumprir uns requisitos para protexer os seus usuarios do correcto contido da mesma, así como os principios contables xeralmente aceptados para proporcionar unha imaxe fiel do patrimonio da empresa.