Imposto

Un imposto é un tributo que se paga ao Estado para que este poida soportar os gastos públicos que constrúen un sistema do benestar. É dicir, é a forma que ten un país de financiarse e de obter os recursos necesarios para realizar todas as súas funcións, como por exemplo a creación e o mantemento de infraestruturas, o pagamento do salario dos funcionarios ou das pensións e o mantemento dos sistemas de educación e sanidade públicos.

Unha gran parte dos impostos recádase mediante a tributación directa de todas as persoas físicas e xurídicas con residencia en España que perciben algún tipo de renda. Por outra banda, os impostos indirectos páganos todos os cidadáns, independentemente da súa capacidade económica, condición ou idade. Para entender isto mellor, vexamos en que consisten estes dous tipos de impostos.

Os impostos de tipo directo son os que gravan directamente a obtención de renda tanto das persoas físicas coma xurídicas e, polo tanto, a cantidade de diñeiro que achega cada un calcúlase en función das súas características persoais. En España aplícanse ata nove tipos de impostos directos, dos que o máis importante é o imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF). Para determinar o diñeiro que ten que pagar o contribuínte en concepto de imposto directo, son tidos en conta parámetros como a súa renda anual, o seu patrimonio e a súa situación familiar.

No lado contrario aos anteriores, encóntranse os impostos de tipo indirecto que, a diferenza dos directos, non gravan a renda senón o consumo dos contribuíntes. Chámanse así porque non repercuten directamente sobre os ingresos das persoas, senón sobre os custos de produción e venda das empresas, trasladando eses custos aos consumidores mediante os prezos. Noutras palabras, os impostos indirectos son aqueles gravames establecidos polas autoridades sobre a produción, venda, compra ou uso de bens e servizos que os produtores cargan aos gastos de produción e acaban repercutindo nos prezos finais.

O exemplo máis popular de imposto indirecto é o Imposto de Valor Engadido (IVE). Recae sobre as vendas, de modo que o obxecto de gravame é o consumo. Nas Canarias, en lugar de IVE teñen o imposto xeral indirecto canario (IXIC), unha medida que se instaurou para compensar o gasto de transporte obrigatorio que sofren os produtos ata chegar alí.

Dependendo do tipo de taxa que se aplica en relación coa base impoñible, os impostos directos poden ser regresivos, proporcionais ou progresivos. Os impostos regresivos son aqueles nos que o tipo impositivo se reduce ao aumentar a base impoñible. Os impostos proporcionais manteñen unha taxa fixa que non varía en función dos ingresos, mentres que nos impostos progresivos a taxa impositiva aumenta proporcionalmente á base impoñible. Ou o que é o mesmo, canto máis diñeiro ten o contribuínte, máis diñeiro en concepto de imposto achega ao Estado, como é o caso do IRPF.

Tamén che podería interesar

  • Sen comisións nin condicións para gozar destas vantaxes.
    • 0 € por administración e mantemento da conta.
    • 0 € de cota anual da tarxeta de débito.
    • E, por suposto, sen necesidade de domiciliares a nómina ou recibos.

    Gratis, sen comisións nin condicións e sen papelame.

    Só para novos clientes.

  • Para mozos de entre 18 e 29 anos.
    • 0 € por administración e mantemento da conta.
    • 0 € de cota anual na túa tarxeta de débito.
    • Sen necesidade de nómina.

    Sen comisións só por usar a túa tarxeta unha vez ao mes (sacar diñeiro, pagar as túas compras, etc.).