ICO (Instituto de Crédito Oficial)

Entidade pública empresarial, adscrita ao Ministerio de Economía, que ten natureza xurídica de entidade de crédito e consideración de axencia financeira do Estado. O obxectivo é promover as actividades económicas que contribúan ao crecemento e mellora da distribución da riqueza nacional e, en especial, aquelas que, pola súa transcendencia, merezan unha atención prioritaria. Como entidade de crédito, financia a medio e longo prazo os investimentos produtivos das empresas establecidas en España ou de empresas españolas que se establezan no exterior. Como axencia financeira do Estado, financia os afectados por situacións graves de crises económicas, catástrofes naturais ou outros supostos semellantes.