Iberclear

Iberclear é o Depositario Central de Valores español, encargado do rexistro contable e da compensación e liquidación dos valores admitidos a negociación nas bolsas de valores españolas, no Mercado de Débeda Pública en Anotacións, no AIAF Mercado de Renda Fixa, así como no Latibex, o Mercado de Valores Latinoamericanos en euros. Para iso, utiliza dúas plataformas técnicas, SCLV e CADE, que se caracterizan polo elevado nivel de automatismo dos seus procedementos e o alto grao de interconexión coas entidades. Iberclear está integrado no Holding BME (Bolsas e Mercados Españois).