Hedge funds

Son fondos de investimento que intentan maximizar a rendibilidade sexa cal for a tendencia do mercado, é dicir, incluso con mercados baixistas (o que, en circunstancias normais, implicaría perdidas). Non teñen as restricións de investimento que se impón aos fondos tradicionais, polo que poden elixir libremente os valores e intrumentos en que invisten. Empregan estratexias sofisticadas como vendas en descuberto, apancamentos, etc. , algunhas das que incorporan un alto nivel de risco que o investidor debe coñecer. Trátase dun grupo heteroxéneo, en que poden encontrarse fondos con características e niveis de riscos moi dispares.