Futuros financeiros

Na normativa regulamentaria en España defínense os futuros financeiros como contratos a prazos sobre valores, préstamos ou depósitos, índices ou outros instrumentos de natureza financeira, que teñan normalizados o seu importe nominal, obxecto e data do vencemento e que se negocien e transmitan nun mercado organizado en que a sociedade reitora os rexistre e liquide, actuando como compradora ante o membro vendedor e como vendedora ante o membro comprador. En resumo, contratos mediante os que dúas partes se obrigan a levar a cabo unha operación de compravenda nun prazo futuro, establecéndose a cantidade, o prezo e a data da operación.