Contrato de opción

Contrato normalizado a través do que, o comprador adquire o dereito, pero non a obriga, de comprar (CALL) ou vender (PUT) o activo subxacente a un prezo pactado (prezo de exercicio) nunha data futura (data de liquidación). O devandito contrato pódese exercitar só na data de vencemento (opción de estilo europeo) ou en calquera momento antes da data de vencemento (opción de estilo americano), segundo establezan as condicións xerais de cada contrato. O vendedor do contrato de opción obrígase a vender o activo subxacente na data de vencemento se o comprador esixe o exercicio da opción. A cambio, o vendedor recibe unha prima. Tendo en conta que a liquidación do contrato pode realizarse por diferenzas, a obriga de comprar e vender pódese substituír nese caso pola obriga de cumprir coa liquidación por diferenzas.