Compra a crédito

Desde o punto de vista bolsista, é a compra de valores en que só se entrega unha parte do diñeiro, como garantía do importe total, e o resto é financiado por unha entidade. O comprador queda á espera da revalorización das súas accións para pagar coa súa venda os xuros xerados polo préstamo concedido e o nominal non desembolsado na compra.