Coeficiente beta

É o coeficiente que indica a volatilidade ou risco sistemático da rendibilidade dun título en relación coa variación da rendibilidade do mercado. Se a beta do título é maior que un, ten unha volatilidade superior á do mercado e denomínase agresivo. Se, pola contra, a beta é menor que un, denomínase defensivo.