Bonista

É aquel investidor que compra bonos ou obrigas, é dicir, activos de renda fixa. A diferenza do accionista, non é propietario da empresa senón un acredor máis. En caso de quebra ten dereito a cobrar antes ca o accionista. O bonista non cobra dividendos porque non ten accións, senón que recibe por prestar o seu diñeiro unha rendibilidade cada ano previamente pactada. ao finalizar a vida do bono, ou sexa, no momento da amortización, devólvenlle o diñeiro que prestou.