Balance consolidado

É o balance resultante da suma dos balances de cada unha das empresas entre as que existe unha relación de pertenza ou filiación. Este balance reflicte a situación patrimonial dun grupo de sociedades vinculadas entre si.