Arbitraxe

Operacións realizadas para sacar vantaxe das situacións de ineficiencia nos mercados. Trátase de aproveitar as diferenzas de cotización de valores que nalgún sentido se poidan considerar similares e que coticen na mesma bolsa, ou dun mesmo valor que estea cotizando en bolsas diferentes. Tamén pode facerse arbitraxe no mercado de derivados, no de renda fixa, entre o de derivados e o de contado, entre o mercado primario e o secundario... O arbitraxista venderá o máis caro e comprará o máis barato, co que a posible ineficiencia termina por desaparecer, ou reducirse ao límite dos custos de transacción.