Ampliación liberada

É unha ampliación de capital con cargo a reservas. Utilízanse as reservas dispoñibles, as primas de emisión e a reserva legal, como contravalor das novas accións emitidas, é dicir, entréganse aos accionistas accións novas, de forma gratuíta. As ampliacións de capital así realizadas supoñen para a sociedade un traspaso contable da conta de reservas ou de beneficios á de capital social. Polo tanto non se produce variación nin nos fondos propios nin no patrimonio da compañía.