Ampliación de capital

Operación mediante a que a sociedade incrementa o seu capital social. Pode efectuarse mediante a emisión de novas accións por parte dunha sociedade anónima ou polo aumento do valor nominal das xa existentes coa realización de novas achegas (monetarias ou non monetarias) ou con cargo a reservas (total ou parcialmente liberada).