Fase de construción
Etapa na que se realizan as obras da túa nova vivenda.
Dispós do importe do préstamo para cubrir os custos e gastos da construción. É un período de carencia, no que só pagas cotas de xuros sobre o capital disposto.
Se tes un terreo urbano e queres construír a túa vivenda nel, axudámosche cun financiamento á medida. Contacta cun dos nosos xestores para pór o teu proxecto en marcha.
A Hipoteca Autopromotor é para ti se:
Para podermos estudar a concesión do préstamo hipotecario autopromotor, necesitas:
Queremos acompañarte nos momentos máis importantes. Por iso, recomendámosche que te asegures de que contas con todos os recursos necesarios para realizar a obra. Fai un orzamento realista dos gastos e custos que vai ter o proxecto.
Se tes dúbidas ou necesitas máis información, contacta connosco.
O préstamo hipotecario autopromotor financia a construción dunha vivenda nun terreo urbano da túa propiedade. A diferenza doutros préstamos hipotecarios, finánciase a construción, non a compra. Por iso tamén ten a particularidade de que o importe financiado se ingresa nunha conta especial e vaise dispondo del segundo avanza a obra, previa conformidade do BBVA.
O préstamo hipotecario autopromotor é un préstamo para residentes en España con ingresos e patrimonio só en euros.
Ademais, para solicitalo débese contar con: