Conta Online sen comisións
Sen comisións e ata 760 € para ti!
- Tes a túa conta e tarxeta por 0 € sen condicións.
- E levas ata 760 € durante o primeiro ano só por abrir e usar a túa Conta Online Sen Comisións.
Introduce este código ao abrires a conta ata o 7/4/2026:
Últimos días!
Un diñeiro extra que vén de luxo
-
+120 € con Bizum
Envía diñeiro ou fai pagamentos con Bizum e gaña ata 10 €/mes.
-
+120 € coa túa tarxeta
Paga coa túa Tarxeta Aqua Débito e gaña ata 10 €/mes. -
+120 € polos teus recibos
Trae recibos de luz, gas, Internet ou teléfono e gaña ata 10 €/mes. -
+400 € pola túa nómina
Domicilia a túa nómina de polo menos 800 € e gaña 33,33 €/mes.
Que o teñas todo listo para empezar
Guiámoste para estreares a conta e a tarxeta ao momento.
Traemos por ti o que teñas noutros bancos e tamén os recibos domiciliados, gratis.
Tes o Bizum máis completo sen custo.
Se tes dúbidas, podes preguntar ao noso equipo ou ao teu asistente virtual.
Que poidas pagar con seguridade…
A túa tarxeta ten un CVV dinámico que se xera con cada compra.
Se hai alguén mirando a túa pantalla, actívase o modo discreto para protexer os teus datos.
Podes pagar máis rápido desde a pantalla de inicio da app, coa cara ou coa impresión dixital.
Se detectamos un cargo pouco usual na túa conta, avisámoste decontado.
Agora viaxa máis lixeiro coa túa tarxeta BBVA
Esquece o efectivo, paga en calquera divisa ata 300 € ao mes sen comisións.
E se tes menos de 30 anos, pagamentos ilimitados e 3 retiradas de efectivo ao mes sen comisións en todo o mundo incluso as fins de semana.
Coa túa Aqua Más, pagas un 2% menos
Porque é moi do BBVA avanzar contigo
Adestra as túas finanzas co noso Coach Financeiro e alcanza os teus obxectivos.
Organiza os teus gastos comúns cunha Segunda Conta Sen Comisións.
Descubre se che convén máis alugar ou comprar con BBVA Valora.
Conecta toda a familia coa Conta para Menores.
E darche todo isto sen comisións nin condicións
Conta Online sen comisións
Sen comisión de administración e mantemento da conta, 0% TIN, 0% TAE (calculado para un suposto de saldo positivo diario durante un ano).
Por transferencias
Desde bbva.es, app BBVA ou caixeiros, dentro do Espazo Económico Europeo.
Por retirar efectivo
Retirar efectivo a débito con tarxeta nos máis de 4.500 caixeiros e 1.800 oficinas BBVA en España.
E así podes abrila en poucos pasos
-
Escolle se a conta é para ti ou a vas compartir con alguén máis.
-
Tira fotos ao teu DNI/TIE e identifícate por videochamada.
-
Completa os teus datos e crea a túa clave de acceso.
-
Asina o contrato coa SMS que recibas.
Elixido como mellor banco 2025
Sácalle máis partido
Queres consultar a documentación da conta?
Algunhas dúbidas que che poden xurdir
Documentación da conta
É importante que coñezas e entendas os documentos que pomos á túa disposición antes da contratación desta conta. Aquí podes consultalos:
- IP Conta Online e servizo para fraccionar gastos: documento coa información precontractual, que detalla as condicións entre o BBVA e o titular da conta.
- FID Conta Online: documento informativo sobre as comisións aplicadas pola utilización dos principais servizos asociados á conta de pagamento.
- Podes consultar a lista de servizos máis representativos asociados a unha conta de pagamento.
- IP Tarxeta Aqua Débito: documento coa información precontractual que detalla as condicións da tarxeta de débito que inclúe a conta.
Comisións por descuberto tácito
Se nalgún momento a túa conta queda ao descuberto (por exemplo, chega un recibo e non tes saldo suficiente), aplicaranse as seguintes comisións:
- Tipo de xuro anual por descuberto tácito: 7,25 % TIN.
- Comisión por descuberto tácito na conta: 4,50 % (importe mínimo 15 €).
A TAE resultante de aplicar os xuros debedores e a comisión de descuberto está limitada legalmente para o "consumidor" e non pode superar 2,5 veces o xuro legal do diñeiro. Calquera modificación do tipo de xuro legal do diñeiro suporá un cambio automático na TAE aplicada nos descubertos.