O primeiro paso é solicitar a apertura dunha conta no BBVA Trader CFD (cando xa sexas cliente do BBVA Trader). Unha vez aberta a conta, debes ingresar ou traspasar saldo á conta de efectivo asociada á túa conta BBVA Trader CFD para poder empezar a operar cos CFD. A túa conta BBVA Trader CFD dispón de protección de saldo negativo, de xeito que non podes perder máis diñeiro na túa operativa co produto CFD do que depositaches na conta de efectivo asociada á túa conta BBVA Trader CFD. Lembra que nunca debes ingresar nesta conta máis diñeiro do que poidas estar disposto a perder coa túa operativa en CFD, xa que o CFD é un produto financeiro complexo de elevado risco polas perdas que pode asumir o investidor debido ao efecto do apancamento.
Antes de operar con diñeiro real podes facelo cunha conta de demostración gratuíta. Podes solicitar a túa conta DEMO escribíndonos unha mensaxe electrónica a bbvatradercfd@bbvatrader.com. A través da conta DEMO podes probar a realizar as túas operacións en CFD na plataforma web e a aplicación móbil do BBVA TRADER CFD sen arriscar diñeiro real.