Acender e apagar tarxetas

Activa e desactiva as tarxetas se non as localizas ou se sospeitas dunha posible fraude

  • Controla da forma máis segura o uso que dás ás tarxetas.
  • Poderás acendelas (activalas) ou apagalas (desactivalas) en calquera momento se tes unha emerxencia, se non as encontras ou se non as vas usar durante un tempo.

Que é acender e apagar as tarxetas?

É unha opción que che ofrece o BBVA para poderes acender ou apagar as tarxetas de débito e/ou crédito cando queiras, ben sexa por falta de uso, perda, roubo ou por se sospeitas dunha posible fraude na túa conta.

En calquera momento poderás apagar temporalmente as tarxetas, ou dalas de baixa completamente, e inhabilitalas para realizar compras electrónicas ou físicas, xiros, pagamentos no estranxeiro ou facer consultas e retiradas de diñeiro en caixeiros automáticos.

Se por algún motivo utilizas unha tarxeta ‘apagada’ para realizar unha operación, chegarache unha notificación coa indicación de que a debes volver ‘acender’ se a queres usar.

Como apago ou acendo a miña tarxeta?

Accede á túa banca en liña co móbil ou tableta para acender ou apagar as tarxetas sempre que o precises.

Co móbil na app:

  • Na pantalla de inicio, preme sobre a tarxeta que queiras e escolle a opción ‘Apagar ou Acender’ tarxeta.

A través de bbva.es:

  • Na túa posición global, na sección de tarxetas, preme ‘Limitar operativa’ e selecciona a tarxeta que queiras apagar ou acender.
  • Preme a icona Xeral > Seguinte.
  • Nesa pantalla poderás acender ou apagar, temporal ou completamente, a tarxeta.

Ciberseguridade

Ver máis noticias