As nosas oficinas están abertas
Estamos traballando para garantirche a mellor atención.
Aínda que o recomendable é evitar desprazamentos innecesarios e realizar as xestións por Internet, se precisas axuda presencial pódeste pór en contacto coa túa oficina ou co teu xestor nos teléfonos habituais e atenderémoste con medidas de hixiene e seguridade reforzadas.
Pide cita previa telefónica para facer as túas xestións e esquece as esperas.
Seguro, cómodo e sinxelo.

Debido ao estado de alarma decretado polo Goberno, implantamos unha serie de medidas para que os nosos clientes poidan continuar a operar con normalidade. Desde o primeiro día seguimos as recomendacións do Ministerio de Sanidade co obxectivo de garantir a seguridade de clientes e empregados durante a situación provocada pola COVID-19.
Non obstante, e sempre que non sexa imprescindible acudir a unha oficina, recomendámosche o uso das nosas canles dixitais. Lembra que podes continuar facendo as túas xestións a través da app e da páxina web comodamente desde a casa.