Fondos europeos Next Generation

Unha oportunidade única para poder impulsar o teu proxecto

Como podes aproveitar esta oportunidade

Consulta todas as axudas dispoñibles e solicita a que máis se adapte ás necesidades da túa empresa. Non deixes pasar esta oportunidade para transformar e dar un novo impulso ao teu negocio.
  • Co obxectivo da descarbonización do sector do transporte, ofrécense axudas para:

    • A adquisición de vehículos eléctricos ou de pila de combustible.
    • O desenvolvemento da infraestrutura de recarga necesaria para a nova flota.
    • A adaptación dos sistemas de xestión de flotas para dixitalizar o control de rutas.
  • Para potenciar a transformación dixital das pemes e dos autónomos, axudándolles a implantar solucións de dixitalización como desenvolvementos de páxinas web, e-commerce, márketing dixital e ciberseguridade.

    Agora, podes solicitar tamén o Kit Consulting.

    Se xa recibiches a axuda do Kit Dixital, o BBVA, como axente dixitalizado, ofréceche unha solución de comercio electrónico.

  • Os incentivos económicos rexionais (IER) son axudas sobre o investimento que se vaia realizar nun proxecto como: obra civil, mobiliario, equipamento, honorarios técnicos, instalacións etc.

No BBVA ofrecémosche financiamento para complementar os fondos NGEU

Que son os fondos europeos Next Generation

A UE tiña previsto establecer un orzamento para desenvolver Europa entre 2021 e 2027. Debido á crise da COVID-19, ese orzamento incrementouse en 750.000 millóns de euros. Ese incremento é o que se coñece como fondos europeos Next Generation.

O obxectivo é relanzar a economía no curto prazo e mellorar a produtividade e o potencial de crecemento no medio e longo prazo.

O BBVA, axente dixitalizador Kit Dixital

Se xa recibiches a axuda do Kit Dixital, o BBVA, como axente dixitalizador do Programa Kit Dixital, ofréceche unha solución de comercio electrónico

No BBVA tamén financiamos proxectos sostibles

Estamos a impulsar un futuro máis verde e sostible. Unha das formas de conseguilo é ofrecendo financiamento para proxectos de eficiencia enerxética. Tanto se accedes aos fondos europeos Next Generation como se non, podes contar connosco.

Necesitas máis información?

As condicións dos fondos europeos Next Generation están suxeitas aos criterios legais marcados pola Unión Europea e/ou o Goberno de España.