Como reempregar unha transferencia?

Descubre como aforrar tempo aproveitando unha transferencia realizada anteriormente
Se queres realizar unha transferencia a un destinatario ou a unha conta que xa utilizases antes, podes reempregar a operación e evitar, así, volver introducir os datos necesarios para emitir a transferencia.

1. Accede á túa área privada en bbva.es.

2. Introduce as túas claves de acceso.

3. Escolle a conta desde a que queres transferir o diñeiro.

4. Fai clic no botón "Quero" e escolle "Realizar transferencias/traspasos".

5. Na parte inferior, ao lado de "Seleccionar transferencias realizas", selecciona "Reempregar transferencias".

6. No cadro de "Histórico de transferencias realizadas", escolle a transferencia que queiras reempregar. Poderás editar todos os datos que queiras, importe incluído.

7. Unha vez escollida a transferencia que queres utilizar, deberás confirmar todos os datos e pasos obrigatorios para realizala:

Datos obrigatorios

  • IBAN e número de conta bancaria
  • Nome e apelidos do destinatario
  • Importe
  • Tipo de operación (puntual ou periódica)
  • Concepto
  • Sinatura da operación con SMS
  • Envío de aviso ao destinatario (por SMS ou correo electrónico)

1. Accede á túa área privada na app BBVA.

2. Introduce as túas claves de acceso.

3. No menú lateral dereito selecciona “Facer unha operación” e escolle "Realizar transferencias".

4. Selecciona a opción "Reempregar transferencia" e escolle a transferencia que queiras volver utilizar. Poderás editar todos os datos que queiras, incluído o importe.

5. Fai clic en Confirmar.